A Federación Autismo Galicia incia a súa colaboración con Autismo España no "ESTUDIO MUJERES y TEA"

Imprimir

 

A Federación Autismo Galicia incia a súa colaboración con Autismo España no "ESTUDIO MUJERES y TEA"

O proxecto ten como obxectivos incrementar o coñecemento sobre as necesidades, intereses e capacidades das nenas e mulleres con  TEA, así como detectar as barreiras que experimentan para acceder aos diferentes bens e servizos en España. A finalidade do mesmo é mellorar a súa calidade de vida, visibilizando a súa realidade e prioridades, e contribuíndo a avanzar nas políticas de igualdade.

Esta información é imprescindible non só para coñecer as necesidades actuais e emerxentes que presentan as mulleres que forman parte deste colectivo, senón tamén para desenvolver actuacións e medidas específicas dirixidas a fomentar a igualdade de oportunidades e non discriminación en todas as esferas das súas vidas (educación, saúde, emprego, participación…)

Por outra banda, o estudo é esencial para apoiar a reivindicación efectiva dos dereitos fundamentais das mulleres con  TEA, e incidir social e politicamente na implementación de medidas que os garantan.

 

 

Quen desenvolve o proxecto?

A iniciativa está promovida por Autismo España en colaboración coas súas entidades confederadas, e conta co apoio do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

 

Cales son os obxectivos do proxecto?

Incrementar o coñecemento sobre as necesidades, intereses e capacidades das mulleres con  TEA, así como das barreiras que experimentan para exercer os seus dereitos fundamentais en España.

Favorecer a concienciación, sensibilización e capacitación de diferentes sectores profesionais en relación ás necesidades das mulleres con  TEA, contribuíndo a incorporar unha perspectiva de xénero nos procesos de detección, diagnóstico, intervención ou facilitación de apoios especializados.

Fomentar a colaboración e cooperación en rede entre o colectivo de mulleres con  TEA, as entidades que as representan, e as súas familias, con axentes de interese do ámbito público e privado vinculados tanto á defensa dos dereitos das mulleres, favorecendo o intercambio de coñecemento e boas prácticas.

Contribuír ao deseño e execución das políticas públicas estatais dirixidas a previr e erradicar a violencia de xénero en España e a promover a igualdade entre homes e mulleres, incorporando as necesidades das mulleres con  TEA.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.