A Federación Autismo Galicia forma parte da nova Xunta Directiva da Confederación de Autismo España.

Imprimir

 


Na Asemblea Xeral de Autismo España, na súa reunión extraordinaria do pasado sábado 30 de xuño, na sede da propia Confederación, elixiuse e nomeouse aos novos membros da súa Xunta Directiva, renovando a Miguel Ángel de Casas como presidente da entidade, e nomeando a Presidenta da Federación Autismo Galicia, María José Álvarez Folgar co cargo de Vogal entre os novos/as membros/as.


 

 

 

 

 

 

.
.
A nova Xunta Directiva renova o seu compromiso coas persoas con Trastorno do Espectro do Autismo ( TEA) e as súas familias, para as que persegue a mellora da súa calidade e o exercicio efectivo dos seus dereitos, a través tanto de accións propias como de apoio ás súas 77 entidades socias.
.
Desde a presidencia sinaláronse novos retos para esta nova etapa da Confederación: fortalecer o traballo en equipo entre todas as entidades que forman parte de Autismo España, incidir na especificidade do Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e seguir traballando para conseguir unha maior cohesión do movemento asociativo do autismo.
.
Parabéns a nosa presidenta, María José Álvarez Folgar, pola súa constante labor e compromiso. Seguiremos afianzando logros grazas a traballo conxunto e en prol de todo o tecido asociativo.
.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.