Subvención do Ministerio de Educación para un taller de formación para o emprego de persoas con TEA

Imprimir
Escoita este artigo

logotipo del ministerio de educaciónA Confederación Austismo España foi beneficiaria dunha subvención do Ministerio de Educación para cofinanciar un Taller de formación para o emprego e transición á vida adulta de persoas cun Trastorno do Espectro do Autismo, que una das nosas entidades membro puxese en marcha neste curso escolar.

Ademais, a Confederación conseguiu unha doazón de 8 equipos informáticos de segunda man, por parte de Fundación Solidariedad Carrefour, que serán cedidos á organización seleccionada nesta convocatoria co fin de complementar o equipamento do taller.

As entidades que desexen participar deberán seguir as bases e enviar cumprimentada á Confederación a solicitude de participación, xunto con toda a documentación complementaria antes do día 7 de xuño de 2012 (incluído).

As solicitudes serán valoradas por un xurado cuxos membros pertencerán ao Terceiro Sector e ao do emprego dirixido a persoas con discapacidade. O fallo farase público no mes de xuño.

Bases e solicitude

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.