Turismo e termalismo para persoas con TEA

Imprimir
Escoita este artigo

Tres das entidades pertencentes a Autismo Galicia participaron este mes no programa nacional do Imserso ‘Turismo e Termalismo para Persoas con Discapacidade’ 2011-2012 que a Confederación Autismo España organiza e coordina para as súas 70 asociacións e federacións.

Un total de 27 usuarios de APACAF, ASPANAES e Fundación Menela veñen de disfrutar na primeira quincena de maio de senllas estadías vacacionais en diversos puntos da xeografía española para realizar actividades de ocio e termalismo.

Dende rutas de sendeirismo e circuitos termais ata actividades deportivas, culturais e mesmo gastronómicas, os participantes pudieron disfrutar dunha experiencia que lles permitiu, non só coñecer a particularidade e beleza de cada lugar visitado, senón tamén a riqueza que aporta a convivencia grupal ao longo de varios días e que sen dúbida reverte na mellora da calidade de vida das persoas con TEA.

 

TermalismoDas tres entidades galegas participantes neste programa nacional do Imserso, o Centro ‘A Braña’ de APACAF foi o primeiro en realizar a súa estadía, elixindo a localidade onubense de Islantilla (Hotel Asur Islantilla) como destino para que 6 dos seus usuarios disfrutasen, entre o 1 e o 5 de maio, de distintas actividades de ocio e animación.

Pola súa parte, o Centro Castro Navás da Fundación Menela elixiu un destino doméstico, O Grove (HOTEL SAP Norat), para que os seus 14 usuarios participantes desenvolvesen actividades tan suxestivas como circuitos termais, rutas de sendeirismo e merendas campestres no magnífico marco xeográfico que ofrece o contexto das Rías Baixas (Pedras Negras e Monte Siradella neste caso).

O Grove foi tamén o destino elixido para que 7 usuarios procedentes dos Centros de Día e Centro Residenciais con Centro de Día de ASPANAES disfrutasen, entre o 7 e o 13 de maio, dunha estadía de lecer na que realizaron diversas actividades culturais e de ocio.

É precisamente neste mes de maio cando se produce o maior número de desprazamentos dende as asociacións de toda España cara aos lugares tradicionalmente vacacionais, cun número total de 453 persoas implicadas, das cales 237 son beneficiarios directos, 193 monitores e 23 coordinadores.

Viajes 2000 coordinou, xunto con Autismo España, as estadías e a manutención das distintas quendas de viaxeiros nesta nova edición do programa, que se vén xestionando coa Confederación dende 2005.

“Turismo e Termalismo para Persoas con Discapacidade” é un programa do Imserso destinado a entidades de dedicación exclusiva e habitual ás persoas con discapacidade. As actuacións que establece están destinadas a favorecer a calidade de vida, a autonomía e a máxima integración persoal e social das persoas con discapacidade facilitando o seu acceso aos bens de saúde, ocio, cultura e natureza, así como o descanso das familias que teñen ao seu cargo persoas con discapacidade.

 

Logo IMSERSO

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.