Ángel Carracedo na Escola de Pais de ASPANAES

Imprimir
Escoita este artigo

Foto de Ángel CarracedoO vindeiro sábado 26 de maio, e enmarcada na súa Escola de Pais, a asociación ASPANAES ofrecerá no Hotel Husa Center da Coruña unha charla informativa a cargo do recoñecido Dr. Ángel Carracedo, Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Esta poñencia, que levará por título “A situación actual da xenética dos Trastornos do Espectro do Autismo’, versará sobre a interacción da etioloxía ambiental e xenética nos TEA, nos que se dá ademais unha importante variabilidade destas últimas causas, as xenéticas, algunhas das cales poden ser identificadas.

Esta acción informativa e divulgativa pretende aportar valor sobre o coñecemento dos TEA a pais, familiares e profesionais de ASPANAES.

Ademais de Director da prestixiosa Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, o Dr. Carracedo é Director do Centro Nacional de Xenotipado, Presidente da Sociedade Española de Farmacoxenética e Farmacoxenómica e Presidente da Academia Mediterránea de Ciencias Forenses. Recibiu numerosos premios de investigación entre os que destacan o Premio Galicia de Investigación, a Medalla de Galicia ou a Cruz ao Mérito Policial.

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.