Autismo Ourense participa na IX Feira da Saúde

Imprimir
Escoita este artigo

Como vén sendo tradición, a Asociación Autismo Ourense participa na IX Feira da Saúde que abriu o mércores 9 de maio os seus expositores nos Xardíns do Bispo Cesáreo da capital ourensá. Este ano, -e facéndose eco do lema da campaña de sensibilización ‘El autismo te habla, sigue las señales’ lanzada por Autismo España- a principal mensaxe que se está transmitindo desde o stand de Autismo Ourense é a constatación do aumento da prevalencia dos trastornos do espectro do autismo na poboación e os principais indicadores de alarma que deben levar aos pais a consultar cos equipos de valoración e diagnóstico.

En total son vinte e sete os colectivos que, xunto co Concello de Ourense, teñen representación neste ‘Paseo pola Saúde’, que terá continuidade durante a xornada de hoxe. Baixo o lema ‘A boa saúde engade vida’, a feira celebra actividades paralelas á expositiva, con talleres de taichi a cargo do mestre internacional José Gago, e cursos de memoria na asociación Afaor.

O horario de apertura é de 11.00 a 14.00 e de 17. a 20.30.

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.