autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Autismo Galicia estivo presente no LXIII Congreso da Sociedade de Pediatría de Galicia

Correo-e Imprimir PDF

O pasado fin de semana, celebrouse o LXIII Congreso da Sociedade de Pediatría de Galicia na Coruña, ó que asistiu a Federación Autismo Galicia.

A este congreso anual, celebrado no Hotel Attica, asistiron profesionais dos principais hospitais galegos e dalgúns centros de referencia a nivel nacional como o Hospital Infantil Universitario La Paz ou o Hospital Clínico San Carlos de Madrid. O congreso tamén contou coa presenza de Mercedes Carreras, Subdirectora Xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial do SERGAS.

Autismo Galicia traballa nun DVD de preparación para a inserción laboral

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia está a preparar material de apoio que facilite a incorporación de persoas con TEA ao mercado laboral. Este material consiste nun DVD interactivo para axudar ás persoas con autismo a adquirir hábitos sociolaborais de cara a un futuro posto de traballo.

A ferramenta multimedia pretende ofrecer recursos útiles para o traballo con persoas con TEA no proceso de aprendizaxe e preparación previa á inserción no mundo laboral. A través deste método educativo sinxelo, intuitivo e interactivo, Autismo Galicia pretende ofrecer unha formación específicamente enfocada ó emprego.

 

 

 

 

A directiva do Sevilla C.F. visita Menela

Correo-e Imprimir PDF

Aproveitando o seu paso por Vigo con motivo dun partido de fútbol, a directiva do Sevilla C.F., encabezada polo seu Presidente José María del Nido, visitou o pasado 5 outubro as instalacións do Centro de Educación Especial Menela da Fundación Menela parar coñecer a súa labor social cos nenos con TEA que están alí escolarizados.

Durante a súa visita, que coincidiu co Día Europeo do Autismo, estiveron acompañados polo Director Xeral da Fundación, Cipriano Jiménez; o Xerente, José Manuel Varela; a Directora do centro, Amparo Maquieira; e Concepción Muíña e Concepción Moreira, representantes da AMPA.

 

 

Autismo Galicia presta apoio á EAPN

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia participa nos grupos de traballo onde se está a defini-la estratexia que seguirá a EAPN no periodo 2013-2015.

EAPN (Rede Galega Contra a Pobreza) agrupa a distintas entidades do terceiro sector dentro de Galicia e ten como obxectivo a loita contra a exclusión social a través da participación e a reivindicación de dereitos e políticas de inclusión.

Curso de preparador laboral en Autismo Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Dende o 20 de setembro vense desenvolvendo na aula da Federación Autismo Galicia un curso de preparador laboral especialista en TEA e outras discapacidades orientado a persoas en situación de desemprego con ou sen formación previa neste ámbito.

Neste programa formativo, 15 alumnos aprenden as funcións dun preparador laboral así como as particularidades de realizar este traballo con persoas con discapacidade, especialmente con TEA. Os módulos deste curso abranguen dende a lexislación que afecta ós preparadores laborais ata as habilidades comunicativas que han ter para a realización dun traballo deste tipo.

Páxina 46 de 54

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.