autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

ASPANAES firma un convenio co Concello de As Pontes por valor de 10.000 euros

Correo-e Imprimir PDF

A Presidenta de ASPANAES, María José Álvarez, e o Alcalde de As Pontes, Valentín González, no momento da firma no Concello.A Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de A Coruña (ASPANAES) chega a un acordo co Concello de As Pontes para financiar as actividades que a asociación desenvolve no centro desta localidade.

Gracias a este convenio, a asociación recibirá do Concello 10.000€ para financiar o funcionamento do seu centro de As Pontes e a escolarización do alumnado, así como outras actividades extraescolares, respiros familiares, o campamento de verán e as accións de inclusión social.

 

Autismo Vigo organiza a súa Cea Benéfica Anual

Correo-e Imprimir PDF

O 16 de novembro terá lugar como cada ano a Cea Benéfica organizada por Autismo Vigo. As aportacións destinaranse integramente a manter as actividades e servizos que a asociación presta ás persoas con autismo na cidade de Vigo.

No difícil momento que atravesa o sector social, apoiar ás asociacións é mais necesario ca nunca para que éstas poidan seguir ofrecendo recursos ás persoas con trastornos do espectro do autismo e ás súas familias.

A cea celebrarase o venres 16 de novembro ás 21:30 no Hotel Los Escudos de Vigo.

A aportación para a asistencia á cea é de 50€, ainda que tamén existe unha “Mesa 0” para as persoas que non poidan asistir á cea pero desexen facer unha aportación á asociación.

Reservas e Mesa 0: 2080 5049 66 3000054747 (indicar o nome da persoa e o número de asistentes)

Para contactar con Autismo Vigo:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

986 437 263

654 509 276

O CERMI destaca a necesaria unión das asociacións para a súa supervivencia

Correo-e Imprimir PDF

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), no que participa Autismo Galicia, deu a coñecer as conclusións da súa sesión de traballo sobre a converxencia asociativa. Insiste na necesidade de aunar esforzos para sobrevivir ao momento de crise no que nos atopamos, ainda que sempre mantendo a soberanía e a identidade de cada organización.

Defende que as asociación conformen unha estrutura de apoio ao CERMI para os próximos catro anos. Esta estrutura serviría para fortalecerse nas negociacións coa Administración Pública, profundizar na acción política e diversificar as fontes de financiamento.

Remata con éxito o programa de equinoterapia de Autismo Galicia para 2012

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia ven de rematar o seu programa de equinoterapia, que neste ano 2012 contou con dúas edicións, en marzo e en outubro, debido á excelente acollida dos participantes.

Nesta segunda edición, do 22 ao 27 de outubro na Fundación Carriegos en León, 10 persoas con TEA realizaron terapia con cabalos, ademais de visitar a cidade e facer outras actividades como talleres de manualidades, cociña ou veterinaria. Aproveitando a proximidade das festas de Todo Os Santos, tamén se organizou un taller de disfraces e unha festa de Halloween, para fomentar a capacidade creativa e imaxinativa dos participantes.

O presidente do CERMI recoñece o labor das ONG na loita pola accesibilidade universal

Correo-e Imprimir PDF

O presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Luis Cayo Pérez Bueno, sinalou a decisiva función das ONG da discapacidade na promoción da Accesibilidade Universal.

A Accesibilidade Universal, para el, “foi o gran fracaso en España das políticas públicas de discapacidade nos últimos 30 anos”, polo que “debería ser hoxe o eixe destas políticas, xa que é unha cuestión de dereitos civís”.

Así o manifestou Pérez Bueno durante a súa intervención no posgrado de Accesibilidade Universal do Centro Universitario La Salle de Madrid. O responsable do CERMI considera que “a ausencia de accesibilidade é hoxe a violación mais insidiosa da igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade”.

Dentro deste contexto, Pérez bueno destaca o papel das ONG da discapacidade e fixo referencia á súa función na incidencia sobre as normativas, ás súas funcións de consello, prescripción e validación en materia de accesibilidade, así como ó seguemento, control e denuncia.

Fonte: CERMI

Páxina 45 de 54

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.