autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Éxito rotundo da marcha convocada polo CERMI para o pasado domingo en Madrid

Correo-e Imprimir PDF

50.000 persoas chegadas de todas partes de España participaron na marcha organizada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade o domingo 2 de decembro en Madrid, á que tamén se sumou Autismo Galicia.

Mais de 50 organizacións sociais uniron as súas forzas para defender os dereitos das persoas con discapacidade baixo o lema “SOS Discapacidade – Dereitos, inclusión e benestar a salvo”. “Por primeira vez na historia, saímos á rúa para que os políticos saiban que estamos ao borde do colapso” explicou Luis Cayo Pérez Bueno, Presidente do CERMI Estatal.

As persoas con discapacidade e os seus familiares, así como profesionais e voluntarios marcharon polas rúas de Madrid para esixir ás Comunidades Autónomas e ós Concellos que lles paguen o diñeiro que lles deben, que ascende a uns 300 millóns de euros e que ten a moitas entidades ao borde da quebra.

Esta multitudinaria marcha enviou unha sinal de socorro ao Goberno para que non dirixa os recortes cara os colectivos mais débiles, que vense ademais afectados por outras medidas de axuste. No discurso lido ao final da marcha, os manifestantes denunciaron o incumplimento sistemático das leis que protexen os dereitos das persoas con discapacidade así como o abandono que sofren as familias, “que quedan como única e solitaria rede de soporte, cada vez mais exhausta, sen apenas xa capacidade de resistencia”.

Cabecera da marcha (Foto de CERMI)

Autismo Galicia, a través de Autismo España, únese á marcha polos dereitos das persoas con discapacidade convocada para o 2 de decembro

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia, como entidade integrante da Confederación Autismo España, manifesta o seu apoio á marcha convocada polo CERMI para o próximo 2 de decembro baixo o lema “SOS Discapacidade”.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) quere denunciar con esta marcha que a rede de dereitos e benestar tecida nas últimas décadas vese seriamente ameazada polas políticas gubernamentais de recorte. Os axustes en sanidade e educación merman servizos de primeira necesidade para as familias, que vense obrigadas a pagalos ou prescindir deles.

A marcha, co lema “SOS Discapacidade – Dereitos, Inclusión e Benestar a Salvo”, comezará ás 12 do mediodía e percorrerá o centro de Madrid dende o Palacio dos Deportes ata a Praza de Colón. Esta xornada coincidirá coa véspera do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra en todo o mundo o 3 de decembro.

Na actualidade, os trastornos do espectro do autismo afectan a 1 de cada 150 nenos en idade escolar, polo que Autismo Galicia e Autismo España animan a todas as persoas con TEA, familias, profesionais, voluntarios e amigos a asistir a esta marcha para defender os dereitos deste colectivo.

Finaliza o Curso de Preparador Laboral de Autismo Galicia

Correo-e Imprimir PDF

O Curso de Preparador Laboral Especialista en TEA, que se veu realizando dende o 20 de setembro, rematou hoxe na sede de Autismo Galicia en Santiago de Compostela.

Neste curso de 218 horas lectivas, os alumnos estudaron as funcións dun preparador laboral así como as particularidades de realizar este traballo con persoas con discapacidade, especialmente con TEA. Os estudantes aprenderon as habilidades necesarias para desenvolver as funcións dun preparador, así como a lexislación que afecta a este tipo de traballo.

Un total de 15 persoas en situación de desemprego beneficiáronse deste programa formativo financiado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

 

 

 

ASPANAES recibe ao Valedor do Pobo nun dos seus centros

Correo-e Imprimir PDF

Julio Fernández Rodríguez, Valedor do Pobo de Galicia, visitou as instalacións do Centro de Educación Especial Duques de Lugo, en Santiago de Compostela, para coñecer de primeira man o labor que desenvolven os profesionais deste centro para rapaces con autismo.

Autismo Galicia únese á marcha polos dereitos das persoas con discapacidade convocada para o 2 de decembro

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia, como entidade integrante do Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI Galicia), manifesta o seu apoio á marcha convocada polo CERMI Estatal para o próximo 2 de decembro baixo o lema “SOS Discapacidade”.

O CERMI quere denunciar con esta marcha que a rede de dereitos e benestar tecida nas últimas décadas vese seriamente ameazada polas políticas gubernamentais de recorte. Os axustes en sanidade e educación merman servizos de primeira necesidade para as familias, que vense obrigadas a pagalos ou prescindir deles.

Páxina 44 de 54

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.