autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Xornadas de formación en novas tecnoloxías nas entidades de Autismo Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Primeira xornada na sé da Asociación Raiolas Lugo

Autismo Galicia leva a cabo unha serie de xornadas de reciclaxe e formación en novas tecnoloxías para os técnicos das súas entidades. As xornadas están destinadas a mellorar os coñecementos dos técnicos no uso de aplicacións informáticas específicas para levar un traballo conectado entre eles.

Este programa formativo é parte da estratexia de Autismo Galicia para potenciar o traballo en rede coas entidades federadas e compartir así a información e os recursos. Entre os temas que se tratarán, realizarase un recordatorio do funcionamento de FagNet, unha aplicación especificamente desenvolvida para a relación entre Autismo Galicia e as entidades que a compoñen.

Comeza a tramitación da nova Lei para a Discapacidade

Correo-e Imprimir PDF

A Comisión Permanente do Consello Nacional da Discapacidade presentou o borrador da nova Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social, que agárdase sexa aprobada antes de final de ano.

O obxectivo deste texto é rematar coa confusión e a inseguridade da lexislación actual, composta por tres leis (Lei de Integración Social dos Minusválidos de 1982, Lei de Igualdade de Oportunidades, Non Discriminación e Accesibilidade Universal das Persoas con Discapacidade de 2003 e a lei que establece o réxime de infraccións e sancións ao respecto aprobada en 2007). Esta norma harmonizará a lexislación vixente para aportar coherencia ao sistema e deberá adecuarse ao disposto na Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas, ratificada por España.

Autismo Galicia asumirá a representación do CERMI Galicia na Comisión de Turismo e Ocio Inclusivos do CERMI Estatal

Correo-e Imprimir PDF

O Presidente de Autismo Galicia, Antonio de la Iglesia Soriano, será o encargado de representar ao CERMI Galicia na Comisión de Turismo e Ocio Inclusivos perante o CERMI Estatal.

O Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) organiza a súa acción mediante comisións, é dicir, órganos técnicos permanentes de traballo adicados a temas concretos, como muller, xuventude, emprego ou ocio. Dentro de cada comisión, teñen representación os CERMIs autonómicos que, no caso da Comisión de Turismo e Ocio Inclusivos, recaerá no Presidente da Federación Autismo Galicia ata 2016.

ASPANAES: un proxecto de autismo finalista para as axudas de Mutua Madrileña

Correo-e Imprimir PDF

O proxecto “Implícate, juntos podemos” da Asociación ASPANAES é finalista no programa de axudas a ONG de Mutua Madrileña. Agora, as votacións online dos mutualistas decidirán qué proxectos reciben a axuda, que na pasada edición superou os 40.000€.

Dos oito proxectos finalistas, os mutualistas elixirán un adicado a persoas adultas e outro a nenos, que recibirán o diñeiro recaudado por Mutua Madrileña nunha serie de concertos celebrados ao longo do pasado mes de decembro.


“Implícate, juntos podemos”

Co único proxecto de autismo nesta edición do concurso, ASPANAES é finalista na categoría de proxectos adicados á infancia. O seu obxectivo é desenvolver unha campaña de divulgación e detección precoz do autismo en centros educativos, sanitarios e servizos sociais de Galicia.

A detección precoz é fundamental no desenvolvemento dunha persoa con trastorno do espectro do autismo, pois é nestes primeiros anos de vida cando o rapaz desenvolve habilidades básicas e pode lograr importantes avances coa terapia adecuada.


Es mutualista ou coñeces a alguén que o sexa?

Os mutualistas poden votar na web www.fundacionmutua.es ata o día 24 de xaneiro polo proxecto que prefiran.

Xustiza gratuíta: como afectará a nova lei ás persoas con discapacidade?

Correo-e Imprimir PDF

O pasado venres, o Consello de Ministros aprobou o anteproxecto para a nova de lei de xustiza gratuíta con cambios que afectan directamente á situación das persoas con discapacidade. Algúns aspectos como a elevación do umbral de renda para acceder á xustiza gratuíta son positivos, pero o CERMI sinala que outros aspectos supoñen un retroceso con respecto ás condicións actuais.

Páxina 41 de 54

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.