autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

CERMI Galicia adhírese ao manifesto contra o copago confiscatorio

Correo-e Imprimir PDF
  • Pide criterios mais claros, xustos e iguais en relación coa capacidade económica e a participación no custo das prestacións por parte das persoas beneficiarias.
  • Solicita a exención de achega por debaixo dun determinado albor de capacidade económica (2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples -IPREM-); a limitación máxima na participación, que quedaría fixada no 60% do prezo de referencia do custo do servizo; ou a seguridade dun mínimo para gastos persoais, que non sería inferior ao 40% da capacidade económica.

 

Jimmy, un home con autismo, atopa un traballo na Estrada

Correo-e Imprimir PDF

Jimmy, unha persoa con autismo da asociación estradense APACAF, traballa realizando tarefas de limpeza no Colexio Público de Figueiroa na Estrada acompañado polo seu preparador laboral, que é o encargado de ensinarlle a realizar cada unha das tarefas, así como as responsabilidades do seu posto de traballo.

Esta contratación a modo de experiencia piloto é froito dun acordo logrado entre o Servizo de Emprego da Federación Autismo Galicia, a Asociación APACAF e a empresa Limpiezas Castedo para favorecer a inclusión sociolaboral das persoas con trastornos do espectro do autismo e agárdase poder estendela a outros usuarios da mesma asociación segundo vaia evolucionando o compromiso entre as partes.




 

Benvidos á nova web de Autismo Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Renovamos a nosa páxina web para lograr unha navegación máis agradable e sinxela, onde se podan atopar os contidos facilmente e coñecer o funcionamento e as actividades da organización.

 

Estes son os principais cambios:

  1. Accede aos Servizos: unha organización dos nosos servizos máis sinxela e práctica.
  2. Un novo apartado dedicado á Transparencia: coñece como funcionamos no interior de Autismo Galicia.
  3. Un espazo propio para a revista Maremagnum onde poder ler e comentar os contidos.
  4. Se non tes a túa revista de familias Autismo Galicia tamén podes consultala na web.
  5. Le entrevistas exclusivas con algúns dos maiores expertos en autismo do noso país nas Conversas con...
  6. Agora que nos coñeces, colabora cos nosos proxectos como Voluntario ou realizando unha Doazón.

O Congreso apoia unanimemente a creación dunha estratexia nacional de autismo

Correo-e Imprimir PDF

O Congreso dos Deputados aprobou este martes por unanimidade unha proposición non de lei que pide ao Goberno que estudie a posibilidade de elaborar e desenvolver unha Estratexia Nacional de Autismo, destinada a mellorar o acceso á educación e ao emprego das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA).


A iniciativa, presentada pola deputada do PP Amparo Ferrando, demanda ao Executivo que estude, en colaboración coas comunidades autónomas e o terceiro sector de acción social, a elaboración e o desenvolvemento dunha Estratexia Nacional de Autismo que contemple protocolos de atención nos eidos da sanidade, a cultura, o emprego e a educación.


Páxina 3 de 67

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.