autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Entidades de acción social galegas presentan unha campaña unitaria

Correo-e Imprimir PDF

Coa etiqueta #Dereitos365 reivindícase a defensa dos dereitos das persoas en pobreza e exclusión máis alá das festas do Nadal

 

O aumento da pobreza e da desigualdade neste ano que remata fai que a presenza destas problemáticas a nivel político e social sexa imprescindible. Por este motivo, as entidades membro de EAPN-Galicia (Rede Galega de Loita contra a Pobreza) lanzan unha campaña unitaria de comunicación este Nadal.

O obxectivo é trasladar á opinión pública que as persoas en situación de pobreza e exclusión están vendo vulnerados os  seus dereitos, pero non por isto deixan de telos. Baixo a etiqueta #Dereitos365, búscase lembrar a necesidade de facerlle fronte á exclusión social diariamente.

A partir do 17 de decembro ás 12h e durante todas as festas, sucederanse unha serie de mensaxes en blogues, redes sociais e webs de todas as entidades de acción social galegas que apelen á defensa dos dereitos sociais e a loita a exclusión a través da implicación de todas e todos.

Porque a desigualdade e a exclusión combátense todos os días, #Dereitos365!

 

Santiago implicado co proxecto de accesibilidade mediante pictogramas

Correo-e Imprimir PDF

A semana pasada colocáronse máis de 200 pictogramas en distintas instalacións deportivas da cidade para participar no proxecto de accesibilidade promovido pola Federación Autismo Galicia (FAG). Os pictogramas están repartidos por sete dos máis coñecidos espazos deportivos municipais da cidade para facilitar o seu acceso e uso a persoas con transtorno do espectro do autismo (TEA).

O proxecto elaborado pola Federación e no cal xa levan traballando máis dun ano, consiste ha elaboración de pictogramas que axuden á comprensión e ubicación de lugares ou comportamentos dentro dos espazos deportivos municipais que recurrentemente utilizan persoas con TEA. O concello quixo mostrar a súa implicación e solidaridade con este colectivo entrando no proxecto e facendo accesibles instalacións como o Multiusos e Piscinas do Sar ou as instalación de Santa Isabel.

Este martes integrantes de Autismo Galicia remataron de colocar os pictogramas no complexo de Santa Isabel ademáis de outros populares pavillóns da cidade como o de Fontiñas, Lorenzo de la Torre, Pontepedriña e Restollal. Coa colocación destos pictogramas, chegouse á cifra de 1242 pictogramas, dos cales 707 foron colocados no concello de Santiago.


pictos pavillónspictos pavilllon

Pictogramas colocados nos pavillóns de Santiago de Compostela

Os alumnos do curso AFD acuden a unha charla na ITV sobre a galardonada iniciativa “Son Capaces”

Correo-e Imprimir PDF

O pasado luns 1 de decembro, os alumnos do curso de Accións Formativas para Desempregados (AFD)  que se imparte na Federación Autismo Galicia, acudiron a unha charla formativa na ITV (Inspección Técnica de Vehículos en Galicia) sobre o Proxecto de Emprego con Apoio:  “Son Capaces” .


Charla formativa da ITV cos alumnos da AFD

CERMI Galicia adhírese ao manifesto contra o copago confiscatorio

Correo-e Imprimir PDF
  • Pide criterios mais claros, xustos e iguais en relación coa capacidade económica e a participación no custo das prestacións por parte das persoas beneficiarias.
  • Solicita a exención de achega por debaixo dun determinado albor de capacidade económica (2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples -IPREM-); a limitación máxima na participación, que quedaría fixada no 60% do prezo de referencia do custo do servizo; ou a seguridade dun mínimo para gastos persoais, que non sería inferior ao 40% da capacidade económica.

 

Páxina 2 de 67

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.