autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Xornada científica en Vigo: desenvolvemento integral das persoas adultas con autismo

Correo-e Imprimir PDF

Fundación Menela organiza para o vindeiro 27 de xuño unha xornada científica sobre o desenvolvemento integral das persoas con trastornos do espectro do autismo na idade adulta. Nela participarán especialistas en TEA de Fundación Menela, da Federación Autismo Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela e da Asociación Nuevo Horizonte de Madrid.

A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch abrirá a xornada e, a continuación, os distintos ponentes tratarán temas como a percepción do acoso entre iguais nos centros educativos, a intervención e educación permanente en adultos con TEA, así como os retos que plantexa o envellecemento destas persoas.

Esta xornada, que é pública e gratuíta, está organizada por Fundación Menela a través dun programa de educación permanente e conta coa colaboración do Centro Español del Autismo, a Asociación Nuevo Horizonte e o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes.


Terapia con asnos en Allariz para nenos e adultos: aberto o prazo de inscrición

Correo-e Imprimir PDF

Ábrese o prazo de inscrición para as actividades do Programa de Ocio, Tempo Libre e Campamentos do mes de setembro, que consistirán en dúas viaxes de 6 días cada unha á vila de Allariz, onde os usuarios poderán realizar terapias asistidas con asnos ademais doutras actividades de ocio.


A terapia con asnos realizarase nas instalacións da Asociación Andrea, dedicada especialmente ao ocio e á terapia con asnos e que conta cun equipo terapéutico e psicopedagóxico para a realización das actividades. Ademais dos profesionais da asociación, os usuarios estarán acompañados polos monitores da Federación Autismo Galicia con formación especializada e experiencia en TEA, cos que realizarán outras actividades como sendeirismo, visitas a museos e vilas próximas, así como obradoiros e xogos.


Co obxectivo de adaptar as actividades ás capacidades e gustos dos participantes, establécense dúas quendas: unha do 1 ao 6 de setembro dedicada a nenos e nenas de 6 a 16 anos e outra do 22 ao 27 de setembro dedicada aos maiores de 16 anos.

Fundación ONCE lanza o seu Programa de Becas para estudantes universitarios con discapacidade

Correo-e Imprimir PDF

Fundación ONCE presenta a primeira convocatoria do seu Programa de Becas para estudantes e titulados universitarios con discapacidade. Este proxecto, que se enmarca dentro do seu programa de prácticas externas ‘Oportunidad al Talento’, pretende promover unha formación superior de excelencia, a mobilidade transnacional e a especialización dos estudantes con discapacidade en áreas de especial empregabilidade.


O obxectivo do Programa de Becas de Fundación ONCE, desenvolvido no eido do Espazo Europeo de Educación Superior para o curso académico 2014-2015, é aproveitar o talento dos estudantes e impulsar a carreira académica e investigadora dos universitarios con discapacidade para fomentar así a súa inclusión laboral en empregos altamente cualificados.

Computación na nube para avanzar na investigación do autismo

Correo-e Imprimir PDF

O Programa 10.000 Xenomas de Autism speaks utilizará Google Cloud para impulsar o avance no diagnóstico, a clasificación e o tratamento do autismo.

Autism Speaks e Google colaboran para transformar a investigación xenómica nos trastornos do espectro do autismo (TEA). Autism Speaks utilizará a plataforma Cloud de Google para encarar o reto de xestionar, analizar e difundir a maior biblioteca do mundo de información xenómica de persoas con autismo e os membros da súa familia. Esta biblioteca crearase dentro do Programa 10.000 Xenomas de Autism Speaks.


Con esta colaboración, propóñense avanzar na comprensión, o diagnóstico, a clasificación e o tratamento personalizado do autismo, segundo di o director científico de Autism Speaks Rob Ring. “O Programa 10.000 Xenomas de Autism Speaks ten o potencial para transformar radicalmente o noso coñecemento do autismo e redefinir o futuro da asistencia médica para as persoas máis afectadas polo trastorno.” explica. “Traballar con Google é un punto de inflexión nesta historia”.


 



Páxina 10 de 67

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.