autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Axudas para o alumnado con necesidades específicas no curso 2014/15

Correo-e Imprimir PDF

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vén de abrir o prazo de solicitude para as axudas a alumnos con necesidades específicas de apoio educativo de cara ao vindeiro curso. Poderán solicitarse ata o 30 de setembro a través de internet ou no centro educativo onde se vaian realizar os estudos do curso 2014/2015.


Esta axuda consta de dúas modalidades:

  • Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta.
  • Axudas para programas complementarios a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

 

Os alumnos deberán estar cursando algún dos seguintes niveis de ensino:

  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Educación Secundaria Obligatoria
  • Distintas modalidades de Bacharelato
  • Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior
  • Ensinanzas artísticas profesionais (Música e Danza)
  • Programas destinados á obtención dunha cualificación profesional inicial
  • Formación Profesional Básica
  • Programas de formación para a transición á vida adulta

 

O prazo de solicitude remata o 30 de setembro de 2014.

Consulta máis información na web do Ministerio de Educación.

Ocio e terapia con asnos para nenos con autismo en Allariz

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia oferta 4 prazas para a actividade de asnoterapia para nenos e nenas con autismo, como parte do Programa de Ocio, Tempo Libre e Campamentos 2014. Os rapaces viaxarán á vila de Allariz, onde poderán realizar terapias asistidas con asnos ademais doutros actividades de ocio nun entorno privilexiado e acompañados por monitores especializados.

 

A terapia con asnos realizarase nas instalacións da Asociación Andrea, dedicada especialmente ao ocio e á terapia con asnos e que conta cun equipo terapéutico e psicopedagóxico para a realización das actividades. Ademais dos profesionais da asociación, os usuarios estarán acompañados polos monitores da Federación Autismo Galicia con formación especializada e experiencia en TEA, cos que realizarán outras actividades como obradoiros e xogos, así como visitas e actividades ao aire libre.

As ONG galegas lembran a Abanca o seu compromiso do mantemento da acción social

Correo-e Imprimir PDF

A Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galicia), a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento e o CERMI Galicia agardan que o banco que sucede as antigas caixas galegas non aposte pola desaparición dos orzamentos destinados á obra social.

As tres federacións solicitarán de novo unha xuntanza co equipo directivo de Abanca para asegurar que o seu compromiso na loita contra a pobreza e a exclusión social é firme.

Autismo España busca familias para participar en la segunda edición del programa emPOWER parents

Correo-e Imprimir PDF

La Fundación ICO y Hablarenarte, en colaboración con la Confederación Autismo España, convocan la segunda edición del programa emPOWER Parents, destinado a familias con niños de 5 a 12 años con trastorno del espectro del autismo.

El objetivo principal de este programa, iniciado en 2013 gracias a la American Alliance of Museums, es promover la creación de una red de trabajo y experiencias compartidas entre familias, profesionales y museos que facilite a padres y madres con niños con TEA herramientas y recursos de aprendizaje en el ámbito museístico para hacer de estas instituciones espacios más accesibles e inclusivos.

A lo largo del próximo curso académico, las familias participarán y liderarán una serie de encuentros y talleres que se celebrarán en el Museo ICO y en los que podrán desarrollar las estrategias de aprendizaje propias del programa en un entorno abierto y colaborativo, en el que también tendrán cabida los hermanos de los niños con TEA.


Consulta la convocatoria

Descarga el formulario de solicitud


Las solicitudes se podrán enviar hasta el 31 de julio de 2014 a la dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo



Páxina 9 de 67

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.