autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

O Concello de Lugo adapta as súas piscinas municipais para as persoas con autismo

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia, a asociación Capaces Lugo e a Concellería de Deportes de Lugo unen esforzos para facer accesibles as piscinas municipais á comprensión das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) a través de pictogramas.

 

Autismo Galicia celebra eleccións á Xunta Directiva

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia vén de celebrar eleccións á súa Xunta Directiva e de crear así mesmo un novo órgano, o Consello Asesor.


Os membros da Xunta Directiva, reelixidos polos membros da Asemblea Xeral, teñen entre outras funcións a representación da Federación e a súa administración financeira e patrimonial. Así mesmo, son os encargados de levar a cabo as decisións tomadas pola Asemblea Xeral, o órgano onde están representadas todas as entidades federadas.

Presidencia: Antonio de la Iglesia pola asociación ASPANAES

Secretaría: José Manuel Varela pola asociación de pais do Centro de Día e Residencial Castro Navás

Vicepresidencía e Tesourería: Cipriano Luis Jiménez pola asociación de pais do Centro de Educación Especial Menela


Coa intención de adaptarse aos novos estatutos e mellorar os procesos de toma de decisións, Autismo Galicia creou tamén o Consello Asesor, un órgano formados por dúas persoas con amplos coñecementos e experiencia no eido do autismo e o asociacionismo que asistirán á Xunta Directiva nas súas funcións.

Este Consello Asesor estará formado por José Antonio García, membro de Fundación Autismo Coruña e ex presidente da Confederación Autismo España, e Manuel Ojea, profesor e investigador especializado en TEA da Universidade de Vigo e presidente da asociación ourensana TRASCOS.

“Finanzas inclusivas” para persoas con discapacidade intelectual

Correo-e Imprimir PDF

O proxecto "Finanzas inclusivas" ten como obxectivo a cualificación deste colectivo a través dun recurso formativo, que estará dispoñible de xeito gratuíto na web da Fundación ONCE para todas aquelas entidades que traballen con persoas con discapacidade intelectual. O curso, que este ano celebra a súa terceira edición, ten como obxectivo, non só que os participantes adquiran coñecementos financeiros, senón tamén avanzar na autonomía persoal e igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade.

 


Coñécenos de preto: memoria de actividades 2013

Correo-e Imprimir PDF

Como cada ano, Autismo Galicia publica a súa memoria de actividades, así como as contas anuais da entidade.

Como parte do compromiso de transparencia, Autismo Galicia publica os documentos cada ano máis completos para que todas aquelas persoas que o desexen poidan coñecer con detalle o funcionamento da entidade, as súas actividades e a súa xestión.

Ademais dos documentos habituais, este ano contamos cunha memoria-resumo para coñecer nuns poucos momentos as principais actividades do ano.

Páxina 8 de 67

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.