autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Os usuarios de Autismo Galicia gozan duns días de ocio e terapia con asnos Allariz

Correo-e Imprimir PDF

Nesta última parte do Programa de Ocio, Respiro Familiar e Campamentos de 2014, 6 nenos e 10 adultos con TEA viaxaron á vila ourensá de Allariz para realizar terapia asistida con asnos nas instalacións da Asociación ANDREA e pasar uns días de ocio e actividades ao aire libre.

Os exercicios cos asnos, como montar neles, cepillalos ou guialos a través dun percorrido de obstáculos permiten ás persoas con TEA establecer cos animais un vínculo que resulta moi beneficioso a nivel emocional, axúdalles a relaxarse e mellora a súa psicomotricidade.

Maremagnum XVIII: Ansiedade, acoso e inclusión nas persoas con autismo

Correo-e Imprimir PDF

Xa está aquí o novo número da revista Maremagnum, a única publicación galega dedicada aos trastornos do espectro autista.

Neste número 18, que leva por título, Ansiedade, acoso e inclusión nas persoas con autismo, distintos profesionais e investigadores achégannos aos obstáculos aos que se enfrontan as persoas con autismo no seu paso polos centros educativos ordinarios e mesmo no emprego. Dende o ensino de habilidades emocionais e sociais na etapa da educación primaria, ata os protocolos a seguir nas universidades que acollen a alumnos con TEA. Tamén nos achegamos ao mundo do traballo da man dunha persoa con TEA que nos relata a súa experiencia, non sempre doada.

Por último, coma sempre, dúas colaboracións literarias que nos falan sobre desigualdade e sobre as experiencias da infancia.

O Pavillón dos Remedios adáptase para acoller ás persoas con autismo

Correo-e Imprimir PDF

Gracias a un acordo de colaboración entre o Consello Municipal de Deportes de Ourense, a Federación Autismo Galicia e a Asociación de Familiares de Persoas con Trastornos da Comunicación Social de Ourense (TRASCOS), vense de presentar a nova sinalización do Pavillón dos Remedios, cuxo obxectivo é mellorar a accesibilidade destas instalacións deportivas habitualmente utilizadas por persoas con autismo ou con outras discapacidades.

 

Xornada 35 aniversario de ASPANAES con Rita Jordan e Marc Monfort

Correo-e Imprimir PDF

A asociación ASPANAES, co apoio da Federación Autismo Galicia, celebra o seu 35 aniversario cunha xornada sobre a educación e a linguaxe nas persoas afectadas por trastornos do espectro do autismo que será impartida por Rita Jordan e Marc Monfort.

A xornada terá lugar o sábado 18 de outubro na Sala Arao de Palexco na Coruña. Na sesión de mañá, a profesora e investigadora británica Rita Jordan abordará a educación nas persoas con TEA e, pola tarde, o logopeda e mestre Marc Monfort falará sobre a linguaxe nos nenos e nenas con TEA.

Páxina 7 de 67

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.