- A deputada do Grupo Popular e vicepresidenta primeira da Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade do Congreso, Amparo Ferrando, levará ao Pleno do Congreso, mediante unha Proposición non de Lei, a estratexia específica para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.
- Confederación Autismo España, Federación Asperger España e Federación Española de Autismo (FESPAU) consideran moi satisfactorio o avance logrado.
A deputada do Grupo Popular e vicepresidenta primeira da Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade do Congreso, Amparo Ferrando, recibiu o pasado mércores á tres entidades representantes do autismo a nivel estatal. Dita reunión tivo lugar dentro do marco de traballo iniciado trata comparecencia no Congreso o pasado mes de maio, para reivindicar unha estratexia política específica para as persoas con TEA e as súas familias.
Entre as propostas presentadas pola Confederación Autismo España, Federación Asperger España e FESPAU para ser recollidas na iniciativa popular inclúense medidas no eido da sanidade, a educación, o emprego, a vida adulta, a vivenda e a calidade e sustentabilidade dos servizos.
Así, no eido da saúde, cabe destacar a demanda para promover medidas de detección precoz nos TEA e acceso a un diagnóstico e intervención especializados.
No aspecto educativo, tomar medidas que garantan a inclusión escolar e o éxito educativo do alumnado con TEA mediante a especialización, innovación e flexibilización das modalidades de escolarización ao longo de tódalas etapas da vida.
No que se refire ao emprego, adoptar medidas que garantan unha oferta flexible e especializada de recursos e servizos (formación e capacitación laboral, atención diurna, etc.) ao finalizar a etapa educativa. E, por último, medidas que aseguren a calidade e sustentabilidade dos apoios facilitados, sen que se produzan retrocesos nos estándares obtidos.
La Confederación Autismo España, Federación Asperger España y Federación Española de Autismo (FESPAU), consideran muy satisfactorio el avance logrado, que califican de “sin precedentes para el movimiento asociativo de personas con TEA”. Asimismo valoran que haya sido posible gracias a la convergencia asociativa de las tres entidades que representan el autismo a nivel estatal y que han trabajado bajo una única voz a favor de las personas con autismo y sus familias, así como a la implicación de los responsables en el Congreso de las políticas de la discapacidad.
A Confederación Autismo España, Federación Asperger España e FESPAU consideran moi satisfactorio o avance logrado, que califican de “sen precedentes para o movemento asociativo de persoas con TEA”. Así mesmo, valoran que sexa posible gracias á converxencia asociativa das tren entidades que representan o autismo a nivel estatal e que traballaron baixo unha única voz a favor das persoas con autismo e as súas familias, así como a implicación dos responsables no Congreso das políticas de discapacidade.

Fonte: Autismo España