autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Autismo España cumpre 20 anos

Correo-e Imprimir PDF

A Confederación Autismo España, que agrupa na actualidade a 69 entidades de todo país dedicadas ao autismo, cumpre 20 anos coa vista posta no futuro. Para celebrar o seu aniversario, lanza a campaña “20 años, 20 deseos” coa que anima ao público a establecer sa metas para 2034.

Que desexas para as persoas con TEA? Que avances para as persoas con TEA che gustaría contar en 2034? Con estas dúas preguntas Autismo España anima a familias, profesionais, representantes de organización políticas ou sociais e a calquera persoa a formular os seus desexos para 2034.

Para participar na campaña, abonda con deixar unha mensaxe a través deste enlace á páxina de Facebook de Autismo España ou ben enviar un tweet co hashtag #20años20deseos. Os resultados dos desexos propostos pola xente, serán presentados nun acto o vindeiro día 12 de decembro na Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade.

 

Autismo Vigo organiza a súa cea benéfica anual

Correo-e Imprimir PDF

O sábado 22 de novembro a asociación Autismo Vigo celebrará a súa cea benéfica anual no Hotel Pazo Los Escudos co obxectivo de recadar fondos para manter os servizos que presta ás persoas con trastornos do espectro do autismo da cidade de Vigo.

Entre os asistentes ao evento, sortearanse varias obras doadas á asociación por artistas galegos como os pintores Leonardo Rial, Maite López ou Marisa Taboada e o escultor Andrés Conde.

Autismo Vigo traballa dende 1999 en prol das persoas con autismo e conta na actualidade con 27 usuarios dos seus servizos.

Cando? Sábado 22 de novembro ás 21:30

Onde? No Hotel Pazo Los Escudos (Avda Atlántica, 106, Vigo)

Achega: 50€ por persoa. Existe unha Mesa 0 para aquelas persoas que non asistan á cea pero desexen colaborar.

Reservas e doazóns: ES72 2080 5049 66 3000054747 (Abanca), indicando o nome e número de comensales.

Máis información: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou por teléfono no 986 437 263 ou 654 509 276.

O CERMI posiciónase a favor dun espazo sociosanitario inclusivo

Correo-e Imprimir PDF

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CEMRI) adoptou un documento de posición política e técnica do sector social da discapacidade cun conxunto de orientacións e parámetros para construír un espazo sociosanitario inclusivo coas persoas con discapacidade.

Autismo España e AETAPI rexeitan a intervención non baseada na evidencia

Correo-e Imprimir PDF

Esta situación provoca que moitas familias se encontren desorientadas no momento de seleccionar unha intervención e que poidan desenvolver falsas expectativas, así como ser víctimas de abusos ou fraudes.

A Asociación Española de Profesionais de Autismo (AETAPI) e a Confederación Autismo España rexeitan nun comunicado as opcións de tratamento e intervencións supostamente innovadoras que basean a súa promoción en atractivas promesas de curación, recuperación ou mellora inmediata das manifestacións do TEA.

 

Páxina 4 de 67

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.