Servizo de Sensibiliación e Difusión
"Temos que aprender a ver o mundo a través dos ollos dunha persoa con autismo. Cando sexamos quen de comprender por que a vida lles resulta difícil, poderemos mover obstáculos e xerar respecto polos esforzos que fan para sobrevivir entre nós".
Theo Peeters.
A Federación Autismo Galicia traballa pola sensibilización e difusión dos trastornos do espectro do autismo como diagnóstico asociado a unha persoa que vai a desenvolver unha serie de características, que non sempre son coñecidas e moitas veces son obxecto de prexuízos, e que forman parte da súa diversidade como ser humano.
Que son os trastornos do espectro do autismo?
Cal é a especificidade dunha persoa diagnosticada de autismo?
Como podemos contribuir á súa plena integración social?

É preciso explicar para integrar, superar os temores asociados ao descoñecemento e facelo dende unha perspectiva positiva e aberta a novos conceptos. As persoas con discapacidade, con trastornos do espectro do autismo, son cidadáns cos mesmos dereitos e deberes que o resto de cidadáns que compoñen a sociedade diversa e plural, por eso, a súa integración debe ser efectiva dende os primeiros recursos aos que ten acceso: educación, sanidade, emprego, ocio, etc. Autismo Galicia traballa por sensibilizar e difundir estes conceptos e as posibilidades que existen para contribuir, de xeito positivo, á integración e desenvolvemento pleno da persoa con autismo como cidadán.
Campañas de sensibilización: “O Paciente con TEA na consulta”.
- Protocolo Sanitario para pacientes con Autismo (Galego).
- Decálogo de para pacientes con Autismo (Galego).
- Recomendacións para a atención sanitaria aos pacientes con TEA e Trastornos asociados (Galego).
Campaña de sensibilización: “coñece a rede de servizos para os TEA en Galicia”
- Difusión da rede de servizos nos Concellos de Galicia.
- Difusión da rede de servizos nos Centros Educativos.
| Anterior | Seguinte |
|---|






























