autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Emprego con Apoio

Correo-e Imprimir PDF

As persoas adultas con TEA, como membros activos da sociedade na que viven, teñen dereito ao emprego, un medio para acadar un maior nivel de autonomía e independencia económica, unha plena inclusión social, o desenvolvemento e realización persoais e, en definitiva, unha mellor calidade de vida. Non obstante, as posibilidades que dende o mundo laboral se ofertan ás persoas con TEA son moi escasas, polo que debemos traballar xunto con empresas e administracións públicas para poder levar este dereito á práctica.


Dende Autismo Galicia brindamos apoio e asesoramento e desenvolvemos proxectos de formación para o emprego e emprego con apoio na busca da excelencia e da mellor fórmula para a inclusión sociolaboral do colectivo. Así mesmo, traballa coas empresas para difundir os beneficios da inclusión laboral das persoas con TEA e asesoralas na contratación.

 

 

Os profesionais especializados do Servizo de Emprego de Autismo Galicia están abertos a todas aquelas persoas con trastornos do espectro do autismo que desexan incorporarse ao mundo laboral pero precisan de apoio para logralo.

 


Emprego con apoio

 

Diversas experiencias permítennos afirmar que o emprego con apoio é a forma idónea de levar este dereito ao traballo á realidade e lograr a integración sociolaboral das persoas adultas con TEA. Estas posúen habilidades que lles permiten realizar traballos eficientes e competitivos en empresas ordinarias sempre que se lles presten os apoios necesarios.


No emprego con apoio, a figura clave para o éxito é o preparador laboral, un profesional que busca o posto de traballo adecuado, adáptao ás capacidades de quen o vai desempeñar, acompaña e axuda á persoa con TEA. Segundo o traballador vai acadando maior autonomía, o preparador laboral vai retirando gradualmente os apoios ata que a persoa pode desenvolverse por si mesma.




Varias experiencias positivas avalan o traballo deste servizo de emprego:



 

 

 

 

 

 

 

CONTACTA CO SERVIZO DE EMPREGO


Mais información nas guías de Autismo Galicia:

icon Guía Empregamos

icon Manual Preparador Laboral

 


Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.