autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Accesibilidade

Correo-e Imprimir PDF



O acceso aos entornos nos que desenvolvemos a nosa vida non se atopa limitado soamente por barreiras físicas, senón as psicolóxicas, culturais, informativas e as comunicativas. Segundo o concepto europeo, a accesibilidade é a condición que posibilita chegar, entrar, saír, empregar as casas, as tendas, os teatros, os parques ou os lugares de traballo, así como participar en actividades sociais e económicas.

 

 

 

 

 

¿Qué dificultades atopan as persoas con Autismo?

As principais dificultades que atopan as persoas con TEA veñen dadas polas súas alteracións na linguaxe e na comunicación e pola rixidez do seu pensamento. Isto provoca que sexa para eles moito máis difícil enfrontar situacións cotiás como utilizar instalacións deportivas, moverse por un hospital ou acudir a consulta, comprender as instruccións que se lle dan no colexio e multitude de situacións da vida diaria que para eles poden supoñer altos niveis de estrés e ansiedade.

Para superar estas dificultades comunicativas, as persoas con TEA deben contar con apoios que lles faciliten a participación na comunidade. Estes apoios poden ser, por exemplo, os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación como son os pictogramas ou fotografías que lles axuden a mellorar a súa comunicación, ou mesmo a introdución de procedementos que lles eviten as situacións que máis ansiedade lles producen, como poden ser as esperas ou as situacións descoñecidas. Estas medidas de axuste permiten ás persoas con TEA saber onde se atopan e o que vai ocorrer, proporcionándolles seguridade e tranquilidade.

 


A necesidade da nosa Comunidade autónoma

Tan só en Galicia, estímase que viven más de 2.000 persoas con TEA que, coma calquera outra persoa, teñen dereito a utilizar as instalacións e servizos públicos en igualdade de condicións. Por este motivo, en Autismo Galicia levamos anos traballando para que estas persoas con TEA da nosa comunidade poidan beneficiarse de espazos e servizos adaptados ás súas necesidades comunicativas e nos que se sintan cómodos e seguros.

 

 

COÑECE MÁIS sobre a accesibilidade nas persoas con TEA

Tríptico y Folletos

COÑECE MÁIS sobre a Comisión

Co obxectivo de xuntar coñecementos e traballar de forma máis efectiva, creamos en 2014 a Comisión para a Accesibilidade Cognitiva e TEA de Galicia, onde participan profesionais especializados das catro provincias galegas.

>>>> COMISIÓN

 

COÑECE MÁIS sobre o manual de accesibilidade cognitiva creado pola comisión de accesibilidade da Federación

>>>> COMPRENDO O MEU ENTORNO

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.