autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Ocio e Respiro Familiar

Correo-e Imprimir PDF

A través do Servizo de Ocio e Respiro Familiar, a Federación Autismo Galicia persegue un dobre obxectivo:

  • brindar ás persoas con TEA oportunidades de ocio adaptadas ás súas necesidades e gustos
  • facilitar ás familias un período de descanso que lles axude a aliviar o estrés e conciliar os coidados á persoa con TEA con outros aspectos da súa vida.

 

Os familiares e coidadores habituais dunha persoa con TEA están sometidos a niveis de estrés elevados, polo que lles resulta fundamental dispoñer dun tempo para descansar e poder dedicarse a outros aspectos da súa vida.


Por outra banda, as persoas con TEA teñen dificultades para facer unha planificación axustada do seu tempo de lecer, de modo que dende Autismo Galicia lles ofrecemos actividades coas que utilizar o seu tempo libre de xeito proveitoso e enriquecedor, con actividades que promovan a súa inclusión na comunidade e se axusten aos seus gustos e intereses.


As actividades que se realizan no marco deste servizo están orientadas a potenciar o desenvolvemento integral dos usuarios a través de actividades básicas da vida diaria, de habilidades sociais, de relación directa co entorno, a gozar da natureza e das terapias con animais.

 



Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.