autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

O Concello de cangas únese aos máis de 15.000 pictogramas colocados pola Federación Autismo Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Por un mundo máis compresible.

O Concello de Cangas únese ao Proxecto de Accesibilidade Cognitiva de Autismo Galicia coa colocación de  pictogramas nos centros educativos.

Os centros educativos do Concello de Cangas serán, a partir de hoxe, máis comprensibles para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.

 

Autismo Galicia, coa colaboración da Xunta de Galicia a Fundación ONCE e a Concellería de ensinanza e deporte dirixida por Xoán Carlos Chillón Iglesias, leva a cabo o proxecto de Accesibilidade Cognitiva,.cuxa finalidade é a mellora da accesibilidade cognitiva nos centros educativos do Concello mediante a colocación de pictogramas Arasaac.

 

 

Se leva a cabo nun total de 8 espazos, con máis de cincocentos pictogramas, nos que se atopan o CEIP Nazaret, CEIP A Rúa, CEIP Castrillón, CEIP O Hío, CEIP Espiñeira de Aldán, CEIP San Roque Darbo, a Escola infantil Galiña Azul de O Hío e a Escola infantil Galiña azul Choupana.

O propósito é facilitar a adaptación, a información e a comprensión do medio ás persoas con autismo e outras persoas con discapacidades cognitivas, persoas maiores, persoas estranxeiras que non falan o idioma, persoas con danos neurolóxicos así coma para poboación en xeral.

Lembramos que as persoas con Trastornos  do Espectro  do Autismo (TEA) comprenden mellor a información que se presenta de forma visual. Por iso, para facer a súa contorna máis accesible utilízanse os  pictogramas, que son debuxos sinxelos que representan obxectos e accións de maneira simplificada.  Estes sistemas de comunicación alternativos supoñen claves visuais claras e seguras que lles sitúan no espazo e no tempo e anticípanlles os feitos que van ocorrer, o que lles conduce cara a un estado de benestar e seguridade.

 

 

 

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.