autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

By A Website Design

  • Español
  • Galician (Galego)

Ocio

Correo-e Imprimir PDF
Servizo de Ocio e Tempo Libre

Dende a Federación Autismo Galicia prestamos especial atención a este servizo, xa que a maioría das persoas con TEA son incapaces de realizar unha planificación axustada do seu tempo de lecer, por este motivo, debemos ofrecerlles apoios para que realicen unha utilización proveitosa e enriquecedora do seu tempo libre, partindo de actividades centradas nos seus gustos e intereses e que promovan a súa integración na comunidade.

Comprobouse tamén que as actividades ao aire libre teñen un beneficio importante para o equilibrio afectivo e emocional da nosa poboación, aínda tendo grandes limitacións sociais e/ou persoais.

Na Federación Autismo Galicia levamos a campamentos de verán, no que os usuarios ademais de gozar do tempo de lecer continúan coa súa formación persoal, a través da convivencia con outras persoas, da súa implicación activa nas tarefas domésticas de autonomía persoal e da potenciación das habilidades sociais.

 

Albergue de Ecoturismo rural Alvarella, Vilarmaior - A Coruña

Â