autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

AUTISMO GALICIA IMPARTE FORMACIÓN na Escola de TRABALLO SOCIAL

Correo-e Imprimir PDF

 

AUTISMO GALICIA IMPARTE FORMACIÓN na Escola de TRABALLO SOCIAL
Conferencia: O TEA dende a perspectiva do traballo Social.

 

Lugar: Escola Universitaria de Traballo Social

Data:   9:30 a 11:00 horas

Relatoras: Inés Sánchez e Cristina Couto Federación Autismo Galicia


As persoas con TEA  e as súas familias van  a estar influenciadas pola posibilidade de acceso á intervención e apoios adecuados máis próximos dada á súa situación para a mellora das súas necesidades e benestar socio-emocional.

Polo que, dende Autismo Galicia, queremos trasladar ó alumnado da Escola Universitaria de Traballo Social o coñecemento específico e especializado entorno ó TEA e  tratar a importancia do papel do traballador/a social como axente canalizador entre a familia ou persoa con TEA e a coordinación con outros axentes da contorna.

 

PROGRAMA

O proxecto 1 de 100.

Quen somos

TEA

  1. Estudo do TEA: Características das persoas con TEA, sinais de alarma, Prevalencia e etioloxía do TEA
  2. Situación das persoas con TEA en España
  3. Discapacidade e dependencia no autismo.

 

Traballo social no Terceiro Sector

  • Federación

Servizo de atención socio familiar

Proxectos

  • Asociacións

Coordinación: Traballo social na Administración pública

Coordinación: Traballo social en entidades privadas

Recursos

Bibliografía

 

Un de Cen. Comprendendo o espectro.

É un proxecto integral que combina o trinomio INFORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN e FORMACIÓN , que xorde ante a necesidade de crear unha chamada de atención cara as necesidades e realidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda en torno á súa singularidade.

O ciclo de conferencias é unha proposta de achegamento directo das necesidades específicas das persoas con TEA aos futuros profesionais e docentes no ámbito universitario.

A través da execución de conferencias nas aulas, impartidas por profesionais da Federación Autismo Galicia, establécense accións encamiñadas a tecer redes de cooperación entre a Universidade, a Federación Autismo Galicia e os profesionais que a compoñen.

POR QUE UN de CEN?

Esta formación específica é máis que necesaria tendo en conta a prevalencia actual, de 1 caso de Tea por cada 100 nacementos, cun incremento potencial segundo recentes estudos.

Se temos en conta as necesidades básicas dunha persoa ao longo da súa vida e aspiramos a cubrilas na medida do posible, atopámonos con que as persoas con TEA ven mermada a súa calidade de vida. Tamén ven mermado o acceso a ser-vizos e apoios básicos cando devanditos servizos non se adaptan ás necesidades específicas das súas distintas etapas vitais.

Estas necesidades básicas que se ven vulneradas son, por exemplo, a súa opor-tunidade de aprendizaxe, de inclusión social, de desenvolvemento persoal, aten-ción médica, etc.

 

Dende Autismo Galicia traballamos para ofrecer a formación máis adaptada e actualizada posible, a túa opinión é importante para nos. Neste enlace poderás encontrar unha breve enquisa sobre a conferencia impartida do ciclo formativo "UN DE CEN, comprendendo o espectro", realizala só levará uns minutos. Grazas!

 

ENLACE ENQUISA DE SATISFACCIÓN


Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.