autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

A atención á diversidade: o alumno con TEA. Proyecto UN DE CEN.

Correo-e Imprimir PDF

 

 

PROXECTO UN DE CEN # 1de100.
SENSIBILIZACIÓN / INFORMACIÓN / FORMACIÓN

 

"A atención á diversidade: o alumno con TEA"

Conferencia do día 7 de Maio na Facultade de Educación da USC (Campus Sur)

"Entendendo a pedagoxía como ámbito fundamental de atención á diversidade, desde a Federación tratamos de achegar aos futuros profesionais un coñecemento específico sobre o Trastorno do Espectro do autismo, abordando as primeiras sinais de alarma e os diferentes servizos de derivación, promovendo unha detección precoz e unha atención temperá.

Trataremos o desenvolvemento, as potencialidades e os estilos de aprendizaxe das persoas con #TEA, centrándonos na aplicación de diferentes metodoloxías e recursos ,pretendendo ofertar unha primeira resposta a estas necesidades no ámbito educativo.
Para isto contamos con profesionais en activo de asociacións e centros próximos, como neste caso o CEE Duques de Lugo de Aspanaes.

 

Día: 7 de Maio

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación. Campus Sur.

Hora: 12:15 horas a 14 horas.

Relatores:  Alba Vázquez  e Cristina Couto , Federación Autismo Galicia

Alberto Silva, Aspanaes.

 

Un de Cen. Comprendendo o espectro.

É un proxecto integral que combina o trinomio INFORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN e FORMACIÓN , que xorde ante a necesidade de crear unha chamada de atención cara as necesidades e realidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda en torno á súa singularidade.

O ciclo de conferencias é unha proposta de achegamento directo das necesidades específicas das persoas con TEA aos futuros profesionais e docentes no ámbito universitario.

A través da execución de conferencias nas aulas, impartidas por profesionais da Federación Autismo Galicia, establécense accións encamiñadas a tecer redes de cooperación entre a Universidade, a Federación Autismo Galicia e os profesionais que a compoñen.

POR QUE UN de CEN?

Esta formación específica é máis que necesaria tendo en conta a prevalencia actual, de 1 caso de Tea por cada 100 nacementos, cun incremento potencial segundo recentes estudos.

Se temos en conta as necesidades básicas dunha persoa ao longo da súa vida e aspiramos a cubrilas na medida do posible, atopámonos con que as persoas con TEA ven mermada a súa calidade de vida. Tamén ven mermado o acceso a ser-vizos e apoios básicos cando devanditos servizos non se adaptan ás necesidades específicas das súas distintas etapas vitais.

Estas necesidades básicas que se ven vulneradas son, por exemplo, a súa opor-tunidade de aprendizaxe, de inclusión social, de desenvolvemento persoal, aten-ción médica, etc.

 

Dende Autismo Galicia traballamos para ofrecer a formación máis adaptada e actualizada posible, a túa opinión é importante para nos. Neste enlace poderás encontrar unha breve enquisa sobre a conferencia impartida do ciclo formativo "UN DE CEN, comprendendo o espectro", realizala só levará uns minutos. Grazas!

 

ENLACE ENQUISA DE SATISFACCIÓN

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.