autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

#DíaMundialAutismo. As familias e persoas con TEA revindican as súas necesidades no Parlamento de Galicia

Correo-e Imprimir PDF

No #DíaMundialAutismo A Federación Autismo Galicia, trasladou as inquedanzas do colectivo e reclamou as necesidades e demandas necesarias para as familias e persoas con #TEA. #Autismo.

 

 

A presidenta da Federación Autismo Galicia, Mª José Álvarez Folgar, remarcou como fundamental a variabilidade do espectro e as necesidades que isto conleva para as persoas, O crecente índice de prevalencia que afecta a necesaria creación de novas plazas, pola saturación dos servizos, recalcando como prioridade o reforzo nos distintos contextos, servizos e recursos.

Foi o marco idóneo para facer unha chamada a todos os grupos parlamentarios, a poñerse en marcha, xunto coa sociedade e todo o aparato lexislativo, o goberno, a universidade, e sociedade civil, unidas nunha estratexia común. Pedindo o compromiso de todos e todas para asegurar a atención integral e específica do colectivo.

 

 

Todo isto foi recollido tamén na lectura do manifesto, a cargo de José Manuel Lamas Cepeda da xunta directiva da Asociación Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia), como portavoz das persoas con Tea.

E durante á súa intervención, Fabiola García sinalou que a estratexia de TEA é un documento que converteu a España en pioneira a nivel europeo neste ámbito, polo que pediu ao Goberno central que aprobe un plan de acción para que esta sexa realmente útil.

O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, reivindicou a utilidade de actos como o de onte para poñer o foco sobre a realidade do autismo e reclamou superar a estigmatización que en ocasións acompaña esta realidade.

 

#DiaMundialAutismo no Parlamento de Galicia.

O motivo do festexo do día mundial de concienciación  do Autismo no Parlamento de Galicia foi a posta en marcha do proxecto de accesibilidade cognitiva coa Federación Autismo Galicia, mediante  actuacións dirixidas a favorecer a accesibilidade universal da comunicación e información no Parlamento de Galicia.

 

A visita guiada

Para o mesmo acto do día 2 de abril, leváronse a cabo accións de asesoramento e creación de  recursos para a adaptación cognitiva da visita guiada ao parlamento.

Ao termo do acto fumos invitados a visita guiada que contou cun percorrido polas salas, polo espazo expositivo, e para finalizar tomamos o  hemiciclo, nun peche do percorrido moi interactivo, onde as familias e persoas con TEA reivindicamos novamante as nosas inquedanzas dende os escaños dos grupos parlamentarios.

 

 

Non podemos estar máis agradecidas a todas e cada unha das persoas que estiveron apoiando o acto, xa que o día 2 de abril mostramos aos grupos parlamentarios a forza e as gañas de seguer loitando polos nosos dereitos.

Un colectivo unido, nais, pais, familias, entidades, persoas con TEA, técnicos, traballadores e traballadoras que día a día saben e coñecen o moito que aínda queda por facer e por conquistar polos dereitos fundamentáis das persoas con Tea.

 

Onte fixemos un pulso no que quedou ben claro o que queremos, que somos un colectivo forte, organizado e unido, e que estamos dispostos a facernos escoitar e a seguir adiante na procura dos recursos necesarios para todas e cada unha das persoas con TEA.

 

Seguimos!!!! e o facemos cada día.

Aperta e grazas!!!

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.