autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

O presidente do Parlamento e a presidenta de Autismo Galicia asinan un protocolo de colaboración para a mellora da accesibilidade cognitiva do Parlamento de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia asina o Convenio de protocolo de colaboración co Parlamento de Galicia para facilitar a comunicación e a accesibilidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista no ámbito do Lexislativo Galego.

Dentro das accións se adaptará a señaléctica, os documentos informativos do Parlamento e a metodoloxía das visitas guiadas.

Santiago de Compostela. 1 de marzo de 2019.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e maila presidenta da Federación Autismo Galicia, María José Álvarez Folgar, asinaron hoxe un protocolo de colaboración orientado a facilitar a comunicación e a accesibilidade, no ámbito da Cámara galega, das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).

No marco deste protocolo, o Parlamento de Galicia implantará, na súa sede, pictogramas específicos orientados ás persoas con TEA, para o que contará con asesoramento da Federación Autismo Galicia.

 

Accesibilidade e participación

O Lexislativo galego facilitará a accesibilidade e participación das persoas con TEA nos diferentes programas de divulgación da Cámara galega. Para iso, adaptará as diferentes modalidades de visitas guiadas  ás necesidades específicas das persoas con TEA, axustará a guía didáctica do programa “Coñece as túas institucións” dirixido ao estudantado, e terá en conta as necesidades das persoas con TEA nas actividades institucionais, sociais e culturais que organice o  Lexislativo galego.

Entre outras medidas, o Parlamento tamén adecuará o material divulgativo sobre a institución para que resulte comprensible para as persoas con TEA.

Contémplase a adaptación a lectura fácil dos documentos informativos do Parlamento, consideracións metodolóxicas no relativo ás visitas guiadas para escolares. Valorando as necesidades de accesibilidade cognitiva dos espazos do Parlamento de Galicia e implementando pictogramas e adaptacións requiridas no relativo aos materias didácticos, ademais de consideracións metodolóxicas para a realización da anticipación e a visita ao Parlamento. Tentando que todos os cidadás coñezan as súas institucións e sexan partícipes destas, exercendo os seus dereitos.

Con éste corpo de accións contribúese á mellora da adaptabilidade do Parlamento de Galicia como espazo público accesible e comprensible para persoas con TEA e poboación en xeral, xerando un exemplo de sensibilización e visibilización dende espazos cidadás.

 

 

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.