autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

CURSO Muller e Trastornos do Espectro do Autismo.Coñecendo a realidade das mulleres con TEA.

Correo-e Imprimir PDF

Ao longo dos últimos anos, os avances no coñecemento sobre o Trastorno do Espectro do Autismo así como a identificación temperá e o diagnóstico precoz han contribuído a que o número de persoas que forman parte do colectivo aumentase notablemente. Ademais, este incremento de diagnósticos é moi significativo no caso das nenas e mulleres en particular ( Gould e Asthon-Smith, 2011)

 

Seguindo esta liña de traballo, e conscientes da necesidade do colectivo, e do crecente interese por incrementar o coñecemento sobre as necesidades, intereses e capacidades das mulleres con TEA, a Federación Autismo Galicia propone dende seu PROGRAMA DE FORMACIÓN, o CURSO: Muller e Trastornos do Espectro do Autismo.

 

Data de realización: 27 abril de 2019

Número de prazas: 100

Lugar de realización: Santiago de Compostela. Centro Abanca Praza de Cervantes s/n

Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30

Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade.

ENLACE DE INSCRICIÓN


 

DOCENTE: MARÍA MERINO

Licenciada en Psicoloxía e Psicopedagoxía, especialista en Servizos  Sociais e Saúde Mental Infanto Xuvenil. Dende o ano 2004 traballa en diversas entidades para familias de persoas con Autismo, coordinando proxectos de sensibilización e investigación na  Federación de Autismo de Castilla y León e o programa para persoas con Autismo de Alto Funcionamento en AutismoBurgos.

É coautora de diversas publicacións sobre Autismo, entre as que destacan: “Habilidades socio-comunicativas de las personas con autismo en el entorno laboral” (FACyL, 2007), “Luis el maquinista” (FACYL, 2009), “Guía de actuación en Urgencias para personas con TEA” (FACYL, 2010), “Guía educativa para alumnos con Autismo Alto Funcionamiento” (FACYL, 2011), así como algunhas publicacións específicas sobre intervención en persoas con autismo de alto funcionamento “Materiales para la intervención educativa para alumnos con TEA” (Autismo Burgos- Maristas Liceo Castilla Burgos, 2011), “Buenas prácticas en TIC en la intervención con personas con TEA” ó “COMIC-TEA”

 

DESTINATARIOS:

O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA.

 

OBXECTIVO:

Dotar de coñecementos a profesionais e familias sobre a detección e intervención de problemas relacionados específicamente coa muller con TEA

 

PROGRAMA:

  • Características do autismo nas mulleres
  • Detección e propostas para a súa avaliación
  • O que nos din os estudos.  O coñecemento dende a práctica
  • Propostas de intervención

 

 

Prazo de inscrición: ata 31 de marzo

Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso. A confirmación de prazas realizarase unha vez finalizado o prazo de inscrición. Teñen preferencia os profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.