autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA celebra o #DíaInternacionalASPERGER dando comenzo á segunda fase do Proxecto “UN DE CEN: Comprendendo ó Espectro”.

Correo-e Imprimir PDF

A  Federación Autismo Galicia en colaboración coa Universidade de Sanatigo de Compostela, da comenzo ao cliclo de conferencias para estudantes da USC impartido por profesionais da Federación Autismo Galicia, dentro do proxecto “UN DE CEN: Comprendendo o Espectro”.


 

No Día Internacional do Síndrome de Asperger, 18 de Febreiro, damos comenzo ao Ciclo de Conferencias  coa primeira conferencia impartida na Facultade de Psicoloxía : INTERVENCIÓN E APOIO ESPECIALIZADO ÁS PERSOAS CON TEA, FAMILIA E OUTROS AXENTES SOCIAIS.

 

“Un de Cen. Comprendendo o espectro”, é un proxecto integral que combina o trinomio INFORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN e FORMACIÓN , que xorde ante a necesidade de crear unha chamada de atención cara as necesidades e realidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda en torno á súa singularidade.

O ciclo de conferencias é unha proposta de achegamento directo das necesidades específicas das persoas con TEA aos futuros profesionais e docentes no ámbito universitario.

A través da execución de conferencias nas aulas, impartidas por profesionais da Federación Autismo Galicia, establécense accións encamiñadas a tecer redes de cooperación entre a Universidade, a Federación Autismo Galicia e os profesionais que a compoñen.

 

POR QUE UN de CEN?

Esta formación específica é máis que necesaria tendo en conta a prevalencia actual, de 1 caso de Tea por cada 100 nacementos, cun incremento potencial segundo recentes estudos.

Se temos en conta as necesidades básicas dunha persoa ao longo da súa vida e aspiramos a cubrilas na medida do posible, atopámonos con que as persoas con TEA ven mermada a súa calidade de vida. Tamén ven mermado o acceso a ser-vizos e apoios básicos cando devanditos servizos non se adaptan ás necesidades específicas das súas distintas etapas vitais.

Estas necesidades básicas que se ven vulneradas son, por exemplo, a súa opor-tunidade de aprendizaxe, de inclusión social, de desenvolvemento persoal, aten-ción médica, etc.

#UNDECEN #1DE100 #AUTISMO
#SENSIBILIZACIÓN #INFORMACIÓN #FORMACIÓN

O ciclo de conferencias, como se vai a desenvolver?

O ciclo de conferencias desenvolverase nas tres universidades da nosa comunidade: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo.

O 18 de Febreiro comezamos o ciclo coa primeira conferencia impartida na facultade de Psicoloxía: INTERVENCIÓN E APOIO ESPECIALIZADO ÁS PERSOAS CON TEA, FAMILIAE OUTROS AXENTES SOCIAIS. A Conferencia estará a cargo da Psicóloga da Federación Autismo Galicia, Cristina Couto.

Lugar: Facultade De Psicoloxía, Salón de Actos.

Data: 18 De Febreiro

Hora: De 17:00h A 20:00h

Dende Autismo Galicia traballamos para ofrecer a formación máis adaptada e actualizada posible, a túa opinión é importante para nos. Neste enlace poderás encontrar unha breve enquisa sobre a conferencia impartida do ciclo formativo "UN DE CEN, comprendendo o espectro", realizala só levará uns minutos.

ENLACE ENQUISA DE SATISFACCIÓN

Grazas pola túa colaboración.

 

 

 

En Santiago de Compostela levaranse a cabo tamén outras conferencias específicas nas facultades de interese vinculadas aos diferentes servizos de atención as persoas con TEA.

 

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.