autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER

Correo-e Imprimir PDF

18 de FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER.

O próximo 18 de febreiro celébrase, como cada ano desde 2007, o Día Internacional do Síndrome de Asperger. Esta data coincide co aniversario do nacemento de  Hans  Asperger, psiquiatra austríaco que describiu por primeira vez esta síndrome que, segundo os criterios actuais de diagnóstico, identificaríase baixo a denominación de “trastorno do espectro do autismo ( TEA) sen discapacidade intelectual asociada”.

Desde a Confederación Autismo España conmemoran este día coa celebración da xornada “Síndrome de  Asperger, realidade e ficción”, que pretende visibilizar ao colectivo, a súa realidade, necesidades e capacidades, promovendo así a concienciación social para conseguir un cambio na percepción que se ten do colectivo e na actitude cara ás persoas con  TEA.

 

No caso do  TEA sen discapacidade intelectual asociada, ou síndrome de  Asperger, as principais características na área da comunicación social maniféstanse en relación á comprensión e manexo dos aspectos verbais (interpretación de significados non literais da linguaxe, pragmática…) e non verbais (contacto ocular, xestos, postura corporal, etc.) da comunicación, e no seu uso social (comprensión de situacións sociais, manexo de relacións interpersoais, resolución de conflitos, etc.). No ámbito da flexibilidade do pensamento e do comportamento, preséntanse patróns restrinxidos,  estereotipados e repetitivos de intereses e condutas, que fan que para a persoa sexa difícil adaptarse de maneira flexible ás demandas cambiantes da contorna.

 

As principais demandas do colectivo aparecen recollidas na Estratexia Española en TEA:

- Mellora na detección e identificación temperá das súas características, co obxectivo de acceder canto antes a un diagnóstico especializado e aos apoios específicos que precisa a persoa.

- Garantir o acceso e goce dunha educación individualizada, inclusiva e de calidade en todas as etapas educativas, incluíndo as  postobligatorias (formación profesional, ensinos universitarios...).

- Favorecer unha educación libre de  bullying e acoso escolar, garantindo a prevención, identificación e intervención especializada que o faga posible.

- Promover o acceso ao emprego e o desenvolvemento da carreira profesional, favorecendo a sensibilización e implicación do tecido empresarial e garantindo os recursos de apoio individualizados que precise cada persoa.

- Favorecer o goce da vida independente ao fogar familiar, asegurando os apoios que cada persoa precise para facelo posible.

- Promover a saúde, especialmente en aspectos relacionados co benestar emocional e a saúde mental, favorecendo o goce da calidade de vida e o  afrontamiento positivo das demandas da contorna.

- Garantir a inclusión social, así como o acceso e goce de todos os recursos, bens e servizos da comunidade, favorecendo o deseño universal e a accesibilidade dos mesmos (especialmente en aspectos relacionados coa accesibilidade cognitiva).

- Promover a formación e capacitación de diferentes sectores profesionais en relación ás necesidades das persoas con  TEA sen discapacidade intelectual asociada, especialmente en aspectos relacionados coa detección e o diagnóstico precoz, a educación, o emprego, a saúde e a vida independente.

 

Desde a Asociación  Galega de  Asperger- Asperga

Celebran o Día Internacional de Asperger no concello de Culleredo con unha Xornada sobre o SA e o TDAH.

 

 

PROGRAMA
TDAH & ASPERGER: “PUNTOS DE ENCUENTRO”

 

 

17:00h

APERTURA: José Ramón Rioboo, Excmo. Alcalde do Concello de Culleredo. Rita González Fernández, Presidenta ASPERGA. Helena Pardo larru, Responsable de formación e vogal da xunta directiva de ANHIDA

Recital Musical a cargo do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo.

17:30h

INTERVENCIÓN SOBRE SÍNDROME DE ASPERGER (Equipo técnico Asperga)

18:30h

INTERVENCIÓN SOBRE TDAH (Equipo técnico Anhida)

19:30h DESCANSO Chocolate con Churros

20:00h

TDAH Y ASPERGER, Puntos de Encontro (Equipo técnico Asperga y Anhida)

20:30h CLAUSURA

Más info: www.asperga.com

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.