autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Fondos Públicos

Correo-e Imprimir PDF


As administracións públicas colaboran no mantemento da Federación Autismo Galicia e no desenvolvemento das súas actividades. Dende Autismo Galicia, réndense contas a cada un dos organismos sobre a utilización destes fondos e a fin á que se destinan.

Convenios en curso:

Consellería de Política Social

Convenio de Mantemento 2016 – 155.044€

Convenio para promover a atención das persoas con Trastorno do Espectro Autista e ás súas familias, en Galicia e para o mantemento da Federación Autismo Galicia e das entidades federadas



Consellería de Política Social – 19.986,96€

Desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación para persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia. Grazas a esta financiación, realízanse itinerarios personalizados para persoas con TEA e persoas con necesidades de apoio similares para a adquisición de formación prelaboral e habilidades na vida cotiá.

..........

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Subvención Axentes de Emprego 2015 – 52.976,16€

Gracias a esta achega mantense en funcionamento o Servizo de Emprego da Federación Autismo Galicia, composto por dúas axentes de emprego especializadas no trastornos do espectro do autismo. Presta servizos de información e orientación laboral, asesoramento e de prospección de empresas seguindo a metodoloxía do

emprego con apoio para a inserción na empresa ordinaria.

 

Subvención Programas de Cooperación 2015 – 17.667

Autismo Galicia é beneficiaria do Programa de Cooperación, destinado a promover o emprego con fins de interese xeral e social. Gracias a el, dispón na actualidade dunha traballadora social.

..........

 

Servicio Galego de Saúde 2016 -10.607€

Convenio para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización no entorno sanitario.

 

..........

 

Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade

Apoio e descanso para familias e coidadores 2015 – 9.000€

Grazas a esta aportación, realízanse actividades de respiro familiar e ocio terapéutico nas que participan persoas con TEA  pertencentes ás entidades federadas. Estas actividades supoñen un tempo de descanso para os familiares e coidadores habituais e permítelles dispoñer de tempo para outros aspectos da súa vida.

Inserción Sociolaboral para persoas con TEA 2015 – 8.000€

Con este financiamento realízanse actividades dirixidas a mellorar a empregabilidade das persoas con TEA ese contribúe ao funcionamento do servizo de emprego de Autismo Galicia.

Promoción da Autonomía Persoal  para persoas con TEA 2015 – 9.500€

A través desta financiación realízanse accións encamiñadas a xerar coñecemento sobre os TEA e promover a sensibilización da sociedad para favorecer a súa inclusión social e a das súas familias.

 

..........

Deputación da Coruña 2016 – 4.193,86€

Financiación de actividades dirixidas a mellorar a acccesibilidade cognitiva das persoas con TEA en concellos

da provincia de A Coruña.

 

..........

 

Concello de Santiago de Compostela 2016 – 1.409,15€

A través desta axuda realízanse actividades destinadas a  mellorar a corresponsabilidade entre homes e mulleres no coidado de persoas con TEA.

 

 

 

 

Consellería de Traballo e Benestar

Convenio de Mantemento 2014 – 123.061€

Este convenio, que vense renovando ano tras ano é o que soporta o mantemento da organización e a súa sede y contribúe ao mantemento das entidades federadas, así como a meirande parte dos proxectos da entidade:

  • Apoio a familias: actividades de respiro familiar e formación.
  • Ocio e tempo libre: viaxes e excursións para as persoas con TEA.
  • Inclusión social: actividades que potencien a integración na comunidade das persoas con TEA.
  • Publicacións: inclúe a revista Maremagnum e outras publicacións.
  • Información e sensibilización: promovendo a información veraz e positiva sobre os trastornos.
  • Representación institucional e traballo en rede: sendo a voz do colectivo en Galicia e traballando conxuntamente con outras entidades do terceiro sector.

 

Subvención Axentes de Emprego 2014 – 52.976,16€

Gracias a esta achega mantense en funcionamento o Servizo de Emprego da Federación Autismo Galicia, composto por dúas axentes de emprego especializadas no trastornos do espectro do autismo. Presta servizos de información e orientación laboral, asesoramento e de prospección de empresas seguindo a metodoloxía do emprego con apoio para a inserción na empresa ordinaria.


Accións formativas para desempregados 2014 – 20.133,75€

Autismo Galicia organiza o Curso de Preparador Laboral Especialista en TEA e Outras Discapacidades, ao que acuden persoas en situación de desemprego. 15 alumnos realizan anualmente este curso de 218 horas de duración impartido por profesionais especializados. Este curso persegue un dobre obxectivo, preparar ao grupo de asistentes para poder axudar ás persoas con TEA a incorporarse ao mercado laboral e por outra parte mellorar as posibilidades de atopar un traballo dos propios alumnos.


Programa de Cooperación 2013/14 – 17.667€

Autismo Galicia é beneficiaria do Programa de Cooperación, destinado a promover o emprego con fins de interese xeral e social. Gracias a el, dispón na actualidade dunha traballadora destinada ao servicio de apoio e comunicación.


Servicio Galego de Saúde

Actividades de formación e sensibilización 2015 – 10.607€

Con estas aportacións, Autismo Galicia desenvolve accións formativas especializadas que fomenten diversas áreas de coñecemento sobre os TEA, promoción de hábitos de vida saludables, accións de sensibilización, promoción da saúde e habilidades funcionais das persoas con TEA.


Programa de Rehabilitación Cognitiva – 9.365,72€

Este programa destinase a nenos e nenas con TEA para facilitar axuda educativa e terapéutica e favorecer así as relacións e a comunicación.

 

Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade

Apoio e descanso para familias e coidadores 2014 – 9.000€

Grazas a esta aportación, realízanse varias viaxes de respiro familiar e ocio terapéutico ó ano nas que participan persoas con TEA de todas as idades pertencentes ás entidades federadas. Estas viaxes supoñen un tempo de descanso para os familiares e coidadores habituais e permítelles dispoñer de tempo para outros aspectos da súa vida. Dentro destas viaxes de respiro familiar, tamén se inclúen actividades de ocio terapéutico para este colectivo.


Inserción Sociolaboral para persoas con TEA 2014 – 8.000€

Con este financiamento realízanse actividades dirixidas a mellorar a empregabilidade das persoas con TEA e se contribúe ao funcionamento do servizo de emprego de Autismo Galicia.


 

Deputación da Coruña 2014 - 2.033,73€

Con este financiamento realízanse actividades dirixidas a mellorar a empregabilidade das persoas con TEA e se contribúe ao funcionamento do servizo de emprego de Autismo Galicia.


 

 

Concello de Santiago de Compostela 2014 - 1.376,50€

Con esta partida fináncianse as actividades de autoapoio a mulleres para fomentar a súa participación no mercado laboral.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.