autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Accesibilidade no Concello de Sada coa implantación de 819 pictogramas.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Sada únese ao Proxecto de Accesibilidade Cognitiva de Autismo Galicia coa colocación de  pictogramas en espazos  municipais.

PICTOGRAMAS, QUE FACILITAN A VIDA ÁS PERSOAS.

Os edificios públicos do  Concello de Sada son, a partir de hoxe, máis comprensibles para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) grazas ao Programa de Accesibilidade  Cognitiva promovido pola Federación Autismo Galicia.

 

Da  man de Isabel Reimúndez Suárez, da Concellería de  Benestar Social e  Igualdade, en colaboración  coa Federación Autismo Galicia.

A implantación de 819 pictogramas realizouse nos seguintes espazos:  Edificio  de  servizos administrativos, OMIX, Casa de Cultura e biblioteca, Casa  do  Concello,  Xulgado de paz, Oficina de Turismo Centro de  servizos sociais e aulas colindantes, Pavillón polideportivo, Campo de Fútbol “ As  mariñas”, Piscina municipal,  Ceip- IES O Mosteiron, Centro de Día (Mondego),  Ceip  Barrie da Maza, CEIP “ Sada e os seus contornos”,  EEI  Carnoedo,  EEI  Galiña Azul ( Mondego), IES Isaac Diaz Pardo e  EEI  Florita.

O proxecto realizado no Concello de Sada supón un esforzo pola sensibilización e concienciación sobre as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas dificultades cognitivas e de comunicación.

 

 

As persoas con Trastornos  do Espectro  do Autismo (TEA) son pensadores visuais, polo que comprenden mellor a información que se presenta de forma visual. Por iso, para facer a súa contorna máis accesible nos axudamos de apoios visuais, pictogramas, que son debuxos sinxelos que representan espazos e accións de maneira simplificada.

Os pictogramas supoñen para as persoas con autismo, persoas maiores ou mesmo estranxeiros, claves visuais claras e seguras que lles sitúan no espazo e no tempo e anticípanlles os feitos que van ocorrer, o que lles conduce cara a un estado de benestar e seguridade.

 

 

 

Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) – Conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesenvolvemento e ó funcionamento do sistema nervioso, dando lugar a dificultades de comunicación e interacción social, así como na flexibilidade do pensamento e da conduta. A súa prevalencia é de 1 caso cada 100 nacementos. Considérase que hai máis de 450.000 persoas con TEA en España

Federación Autismo Galicia – Entidade de ámbito autonómico que representa a 15 asociacións do sector social promovidas por familiares de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.