autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Programa de Accesibilidade Cognitiva da Federación Autismo Galicia

Correo-e Imprimir PDF
PICTOGRAMAS, QUE FACILITAN A VIDA ÁS PERSOAS

O Concello de  Malpica únese ao Proxecto de Accesibilidade Cognitiva de Autismo Galicia coa colocación de  pictogramas en  espazos  municipais.

Os edificios públicos do  Concello de Malpica  son, a partir do día 18 de decembro, máis comprensibles para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) grazas ao Programa de Accesibilidade  Cognitiva promovido pola Federación Autismo Galicia.

 


 

Da  man da Concellería de Educación e Cultura do  Concello de Malpica de Bergantiños co responsable do departamento desta Concellería, Antón Lois Noceda Carballo, en colaboración  coa Federación Autismo Galicia. A implantación de 129 pictogramas realizouse nos seguintes espazos: centro  cívico, casa de cultura de Seaia, Centro sociocultural das pozacas e o pavillón polideportivo municipal.

O proxecto realizado no Concello de Malpica supón un esforzo pola sensibilización e concienciación sobre as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas dificultades cognitivas e de comunicación.

 

 

As persoas con Trastornos  do Espectro  do Autismo (TEA) son pensadores visuais, polo que comprenden mellor a información que se presenta de forma visual. Por iso, para facer a súa contorna máis accesible nos axudamos de apoios visuais, pictogramas, que son debuxos sinxelos que representan espazos e accións de maneira simplificada. Os pictogramas supoñen para as persoas con autismo, persoas maiores ou mesmo estranxeiros, claves visuais claras e seguras que lles sitúan no espazo e no tempo e anticípanlles os feitos que van ocorrer, o que lles conduce cara a un estado de benestar e seguridade.

 

 

Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) – Conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesenvolvemento e ó funcionamento do sistema nervioso, dando lugar a dificultades de comunicación e interacción social, así como na flexibilidade do pensamento e da conduta. A súa prevalencia é de 1 caso cada 100 nacementos. Considérase que hai máis de 450.000 persoas con TEA en España

Federación Autismo Galicia – Entidade de ámbito autonómico que representa a 15 asociacións do sector social promovidas por familiares de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).

 

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.