autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

A Federación Autismo Galicia presenta o proxecto UN DE CEN, Comprendendo o Espectro. INFORMACIÓN - SENSIBILIZACIÓN - FORMACIÓN

Correo-e Imprimir PDF
UN DE CEN, Comprendendo o Espectro: INFORMACIÓN - SENSIBILIZACIÓN - FORMACIÓN

 

O pasado día martes 18 de decembro pechamos o ano presentando o proxecto "UN DE CEN" no salón nobre do pazo de Fonseca. O proxecto xurde da Federación Autismo Galicia, en colaboración coa USC, co obxectivo de contribuír a xerar unha mirada máis ampla ao redor da singularidade das persoas con trastorno do espectro autista.

A apertura e Conducción do acto estivo a cargo da Vice reitora da Universidade de Santiago de Compostela, dona María do Mar Lorenzo Moledo. O acto contou cos  agradecementos da presidenta da Federación Autismo Galicia dona María José Álvarez Folgar, a presenza do Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, don Ildefonso de la Campa Montenegro, a intervención da Concelleira de Políticas Sociáis, Diversidade e Saúde, e Cen-tros Cívicos, dona Concepción Fernández Fernández, pechando o acto coas amables palabras da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, dona Carmen Pomar.

Amenizou o acto as interpretacións da Orquesta de Castro Navas, da Fundación Menela

 

 

Mostra UN DE CEN

No marco da presentación do proxecto inagurouse a mostra "UN DE CEN" no claustro alto do Colexio de Fonseca que podedes visitar ata o 18 de xaneiro. Unha mostra organizada pola Federación Autismo Galicia, en colaboración coa USC. O obxectivo é contribuír a xerar unha mirada máis ampla ao redor da singularidade das persoas con trastorno do espectro autista.

 

 

O proxecto “UN DE CEN. COMPRENDENDO O ESPECTRO”


É un proxecto que xorde en relación á nova edición do Calendario 2019 da Federación Autismo Galicia, e consta de varias instancias no seu desenvolvemento.
Deseñouse a imaxe de cada mes do calendario a partir de traballos realizados coas persoas que conforman as nosas entidades. A presentación do calendario faise no marco desta mostra que exhibe parte dos traba-llos, xerando visibilidade en torno á actual prevalenza de 1 caso de TEA por cada 100 nacementos.


Ciclo de charlas- formativas impartidas por profesionais da rede de servi-zos de entidades da Federación Autismo Galicia, nas distintas universidades con áreas vinculadas a devanditos servizos.

O deseño do calendario, e a propia mostra, foron concibidos en torno a esta prevalenza e cun abordaxe de formulación artística, a partir de dinámicas e traballos realizados nas nosas entidades.
O mesmo día da presentación do calendario e inauguración da mostra, dimos paso a seguinte parte do proxecto que constará dun Ciclo de charlas- formativas impartidas por profesionais da rede de servi-zos de entidades da Federación Autismo Galicia, nas distintas universidades con áreas vinculadas a devanditos servizos.

 


O obxectivo xeral do proxecto é o de crear unha chamada de atención, contribuír a xerar unha mirada máis ampla e profunda en torno á singularidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e poder ampliar o coñecemento naqueles sectores profesionais vinculados a mellora da calidade de vida das per-soas con TEA e as súas familias. A tales efectos trazarase un vínculo coas distintas Universidades da co-munidade, partindo da Universidade de Santiago de Compostela.
O Proxecto “UN DE CEN. Comprendendo ou espectro.” defínese como unha oportunidade de xerar, en primeira instancia unha chamada ao interese xeral, así como un achegamento de coñecementos específi-cos para os futuros profesionais na súa etapa de formación.


Unha formación específica máis que necesaria, tendo en conta a prevalenza actual de 1 caso de Tea por cada 100 nacementos, e indicando os recentes estudos o seu incremento potencial.
Nesta mostra expositiva podemos apreciar o traballo conseguido no proceso de creación das imáxenes que formarán parte do novo Calendario da Federación Autismo Galicia. Co obxectivo de poder apreciar o parti-cular xeito de percibir o mundo das persoas con TEA e como esta se traduce nunha creatividade e unha imaxinación desbordantes dando como resultado unhas capacidades fóra do normal para plasmar concep-cións da realidade en obras de arte.

 


UN DE CADA CEN

Nos últimos anos, o número de casos identificados de autismo. aumentou considerablemente en todos os países onde se realizaron estudos de prevalenZa.

Aínda que hai moitas variacións entre os estudos e países, as estimacións rondan o 1% da poboación, 1 de cada 100 nenos nados presenta TEA. En España hai máis de 450.000 persoas con TEA.

 

 

Si como dicimos a concienciación do autismo entre os profesionais é importante para a prevalencia, tamén e importante a formación de estes mesmos profesionais para mellorar a calidade de vida das persoas con autismo e as súas familias. Esta formación proveeraos dunha atención que facilite os apoios e intervencións específicas e de calidade, en distintos aspectos e tipoloxías de necesidades ( atención temperá, educación, e emprego, etc ) promovendo a reivindicacións e o exercicio efectivo dos dereitos e igualdade de oportunidades para as persoas con TEA.

Entre todas as alteracións da pauta típica de desenvolvemento, posiblemente una das que expoñan un maior reto para profesionais sexan os trastornos do espectro do autismo. Enfrontarse a estas alteracións, desde calquera perspectiva profesional, require posuír unha serie de coñecementos teóricos que ofrezan a posibilidade de comprender e interpretar condutas desconcertantes, así como manexar alternativas de intervención diversas que permitan elixir as adecuadas a cada caso e contexto.

 

 

A segunda fase do proxecto un de 100 pretende incidir sobre esta  necesidade fundamental de ter profesionais formados en diversas áreas que palíen o descoñecemento e vulnerabilidade que frecuentemente se atopan as persoas con autismo na atención que reciben.

Esta instancia do proxecto vén definida como unha proposta de achegamento directo  das necesidades específicas das persoas con Tea, explicada pola variabilidade dentro do espectro, aos futuros profesionais e docentes no ámbito universitario.

A execución de charlas informativas e profesionais nas aulas, constitúen una acción encamiñada a tecer redes de cooperación entre Universidade, a Federación Autismo Galicia e os profesionais das súas entidades.

A formación específica non só nos permite estar o día nos últimos avances e metodoloxías para atender as necesidades das persoas con TEA, senón tamén para por en evidencia o uso de prácticas non apoiadas cientificamente, desmitificar as causas e falsas crenzas sobre este tipo de trastornos e concienciar sobre a imaxe real das persoas con autismo.

Por tanto, esta segunda fase do proxecto, será clave para avanzar cara un futuro mellor das persoas con TEA e as súas familias. É a nosa responsabilidade, a dos profesionais e futuros profesionais, a de adquirir o compromiso que o tea require

 

Moitas grazas a todas e todos os presentes, as entidades pola súa participación, as distintas persoas representantes da administración, a entregada colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia polo seu apoio a este proxecto.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.