autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

ACCESIBILIDADE e CONCERTO SOCIAL nas demandas do CERMI e Federación Autismo Galicia no Parlamento.

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

Autismo Galicia participa no acto do CERMI Galicia no Parlamento, con motivo do DÍA INTERNACIONAL E EUROPEO DÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

Avogando por un desenvolvemento inclusivo, que libere o potencial das persoas con discapacidade que residen en Galicia.



 

Con motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, instaurado pola Organización de Nacións Unidas (ONU) e a Unión Europea, a escala mundial e europea, e que cada ano celébrase o día 3 de decembro, o movemento social da discapacidade articulado en torno ao Comité de Entidades de representantes de persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia), como expresión do tecido cívico de dereitos humanos das persoas con discapacidade e as súas familias, reuníronse no parlamento galego para reclamar:

 

ACCESIBILIDADE E CONCERTO SOCIAL NAS DEMANDAS NO PARLAMENTO.

A Federación Autismo Galicia en conxunto co comité de entidades do CERMI incidimos na urxencia do desenvolvemento normativo das leis aprobadas neste Parlamento de Galicia hai anos, como poden ser, a Lei 10/2014 de ACCESIBILIDADE de Galicia e a lei 8/2016, de 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, no apartado referido ao CONCERTO SOCIAL, os aprazamentos tan prolongados e inxustificados de ámbalas Leis representa unha restrición no exercicio dos nosos dereitos fundamentais.

Tamén destacouse a necesidade imperiosa dun espazo no que poder expresar e trasladar as súas necesidades e inquedanzas de xeito constante ante os interlocutores máis cualificados, para alcanzar a  atención e prioridade necesarias no marco Parlamentario.

 

RECLÁMANSE AS POLÍTICAS NECESARIAS PARA UN DESENVOLVEMENTO RURAL INCLUSIVO.

A necesaria aprobación dunha Estratexia Autonómica de Desenvolvemento Rural Inclusivo, con apoios efectivos e sen discriminacións nin exclusións fronte aos estándares urbanos, non pode entenderse sen a dimensión de xénero, que baixo un enfoque interseccional, teña presentes e dea resposta ás necesidades das mulleres e nenas con discapacidade residentes no medio rural, as máis invisibles, actualmente sometidas a índices máis elevados de exclusión, pobreza e violencia, así como das mulleres coidadoras de persoas con discapacidade. É absolutamente preciso promover desde a sociedade civil organizada actuacións de empoderamento das mulleres con discapacidade residentes no mundo rural, dirixidas a lograr que ningunha quede atrás.

 

 

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia ( CERMI Galicia), conmemorou este martes o Día Internacional e Europeo das persoas con Discapacidade, coa lectura no Parlamento de Galicia, do manifesto que a entidade elaborou para a data. A lectura correu a cargo do presidente de CERMI Galicia, Iker Sertucha, que estivo acompañado do presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices e da conselleira de Política Social, Fabiola García.

 

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si no cambia la configuración de su navegador, Ud. acepta su uso. + INFO.