autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novo número da revista MAREMAGNUM EDUCACIÓN E AUTISMO

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

PODES DESCARGAR  a nova edición MAREMAGNUM XXII EDUCACIÓN E AUTISMO

Temos xa nas noas máns e para DESCARGA o novo exemplar da REVISTA MAREMAGNUM, fiel reflexo do noso emprendemento común, que persegue afondar nos  principáis desafíos da amplitude do Espectro.

Con este novo número son 22 edicións dende o ano 1997, e  cada número da revista  dedicado a unha temática que vertebra a totalidad da realidade sobre o Trastorno do Espectro do Autismo e a Discapacidade. Colaboracións arredor da diversidade, o envellecemento, a accesibilidade e o lecer sin barreiras, a comunicación e calidade de vida, formación, emprego, novas tecnoloxías, acoso e inclusión, autismo de altas capacidades, e hoxe presentamos o novo número dedicado a Educación.

Nestas edicións colaboraron máis de 150 autores e especialistas nacionáis e internacionáis de prestixio no campo do autismo e a discapacidade,  e persoalidades do mundo das artes e da cultura de Galicia.

Compartindo e sumándose ao interese da comunidade científica polo Trastorno do Espectro do Autismo,  e facendo visible a diversidade, a as necesidades de cara a atinxir a inclusión social, a eliminación de barreiras, na procura dunha calidade de vida para as persoas con TEA. Educación e Autismo é outro piar básico e fundamental do «estado de benestar» da nosa comunidade.

 

Esta nova edición fálanos do traballo en rede cando se trata de atender os nenos con TEA. A complexidade dos TEA fan fundametáis analizar opcións educativas que dean unha  mellor resposta ás súas necesidades e singularidades. Engadindo a esta atención educativa o tratamento e a atención terapéutica e asistencial dos servizos públicos ou privados.

“No campo da educación estamos asistindo a un proceso profundo de transformación da cultura e da práctica para poñer no centro a persoa con autismo e o seu proxecto de vida. O modelo de calidade de vida busca a felicidade presente e futura de cada alumno e pon o acento, por exemplo, en áreas ou habilidades como a autodeterminación, as relacións sociais e a comunicación.”

Palabras de Ana Rodríguez, membro do equipo educativo do Colexio Menela-Fundación Menela.

Poderemos leer no novo exemplar de MAREMAGNUM  o artigo de Ana M.ª Martínez Diez, Ana Otero Carreira, Alberto J. Silva López e M.ª Teresa Tiemblo Marsal da asociación ASPANAES:

“Mellorar a calidade e a eficacia na formación e promover a equidade, a cohesión social e a cidadanía activa para que o alumnado con necesidades educativas especiais poida fomentar o seu desenvolvemento persoal nun marco educativo flexible e permeable como sistema de aprendizaxe”

 

PODES DESCARGAR A REVISTA COMPLETA FACENDO CLICK NA SEGUINTE IMAXEN

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si no cambia la configuración de su navegador, Ud. acepta su uso. + INFO.