autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

ABORDAXE TERAPÉUTICO E EDUCATIVO INDIVIDUALIZADO centro das reflexións da Xornada EDUCACIÓN E AUTISMO

Correo-e Imprimir PDF

Na xornada EDUCACIÓN E AUTISMO celebrada o día 5 de Outubro de 2018 e organizada pola FUNDACIÓN MENELA e a Federación AUTISMO GALICIA, resaltouse a necesidade de que o alumnado con TEA reciba un abordaxe terapéutico e educativo individualizado e incidiuse na  importancia de que todo o centro educativo coñeza as súas particularidades para ser axentes de referencia e apoio para a persoa con TEA. Susanna Olives, do equipo eipea, Ana Martínez de Aspanaes, Ana Rodríguez de Menela e Luís Fernández, pai dun rapaz con autismo achegáronnos, as súas vivencias e experiencias.

 

 

Ruth Vidriales, directora técnica da Confederación Autismo España, mostrou a realidade actual do alumnado con TEA en España. Destacou o incremento da prevalencia, nun 77,29 % nos cinco últimos cursos,  debido quizais a unha mellora na formación da detección ou  nos cambios nos sistemas de rexistro.

Os datos recollidos a través de fontes oficiais ( MECD e Consejerías Educación) son dispares pero ambos recollen a presencia de alumnado nas etapas de educación infantil e primaria e un abandono significativo o final de Primaria. Sen apenas datos das persoas con TEA no sistema universitario. Ruth Vidriales destacou a importancia da investigación para un maior coñecemento sobre o autismo para  contribuír a transformación social, os dereitos do alumnado con TEA.

 

 

Durante a xornada, Josep Brun, equipo eipea, Maria Luisa Alonso, ALEPH-TEA, Ubaldo Vázquez, orientador, e Sandra Agrafojo, nai dunha persoa con TEA falaron da educación ordinaria, da especial, da modalidade de escolarización combinada ou do traballo de ALEPH-TEA nas aulas estables na comunidade autónoma de Madrid con un traballo en rede como resposta a complexidade do TEA.

Nesta xornada ponse de relieve a necesidade de un sistema educativo que poña en valor  unha intervención comprensiva que permita dar resposta a todo tipo de necesidades de apoio no proceso de ensino-aprendizaxe e xerar contextos educativos que sexan impulsores de desenvolvemento para nenos e nenas, atendendo ás distintas realidades do alumno ou alumna con autismo. Apoios no seu tratamento educativo, personalizado, tanto en recursos como apoios curriculares e metodolóxicos, da mán da participación de todos.

Non peche da xornada Dn. Cipriano Luís Jiménez Casas, director xeral da Fundación Menela declarou: Todos estamos de acordo na singularidade das persoas con autismo, non hai enfermidades senón enfermos e non hai autistas senón persoas con autismo.

Contamos tamén coa presenza da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Dona Carmen Pomar Tojo. Que incidiu na importancia da implicación da cidadanía para conseguir unha inclusión real. Lembrou que a maiores do Decreto que regula a atención á diversidade, apostan por atender as necesidades específicas de atención educativa a través de protocolos específicos, de colaboración con entidades tanto na formación do profesorado como na sensibilización social e de formación permanente do profesorado.

 

 

Dona María José Álvarez Folgar, Presidenta da Federación Autismo Galicia, comenta ao respecto da Xornada de Educación e Autismo: Tivemos o orgullo de reunir nun encontro único a diferentes miradas do eido educativo,  perspectivas enfocadas no estudo das realidades e necesidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e na búsqueda  dun axeitado enfoque educativo.

Plantexámonos novos retos na comprensión das persoas con TEA, a  inclusión como dereito fundamental, coñencendo de primeira man experiencias dos propios alumnos con TEA, e tamén a situación do alumnado con autismo en España. Todo este coñecemento acumulado e experiencia traducida reflexa a labor e entrega das nosas entidades, dos profesionáis,  e por suposto das familias coas que traballamos a diario. Un intenso encontro de traballo  que xenera  espazos de reflexión colectiva e axúdanos a consolidar un movemento forte e cohesionado das persoas con TEA e as súas familias. Unha identidade con fins  comúns e compartidos, que resumen a  vontade de cohesión,  converxencia e  a importancia da ESPECIALIZACIÓN E ESPECIFICIDADE neste ámbito.


Agradecémosvos a cada un de vos a participación, entrega e rigurosidade no  tratamento dun tema que é máis que necesario.  É, poder abordalo dende as diferentes miradas das vosas aportacións, un privilexio.  Contribuíndo así con novas e enriquecedoras visións no concerninte á Educación e  Autismo, e dando unha visión plural e interdisciplinaria de valor, tanto para familias como para profesionais e traballadores do eido da educación e a discapacidade.

 

 

E poidemos tamén asistir na mesma xornada a presentación do novo exemplar da REVISTA MAREMAGNUM, fiel reflexo deste emprendemento común, no que se persegue afondar nos  principáis desafíos da amplitude do Espectro.

 

Con este novo número son 22 edicións dende o ano 1997, e  cada número da revista  dedicado a unha temática que vertebra a totalidad da realidade sobre o Trastorno do Espectro do Autismo e a Discapacidade. Colaboracións arredor da diversidade, o envellecemento, a accesibilidade e o lecer sin barreiras, a comunicación e calidade de vida, formación, emprego, novas tecnoloxías, acoso e inclusión, autismo de altas capacidades, e hoxe presentamos o novo número dedicado a Educación.

Nestas edicións colaboraron máis de 150 autores e especialistas nacionáis e internacionáis de prestixio no campo do autismo e a discapacidade,  e persoalidades do mundo das artes e da cultura de Galicia.

Compartindo e sumándose ao interese da comunidade científica polo Trastorno do Espectro do Autismo,  e facendo visible a diversidade, a as necesidades de cara a atinxir a inclusión social, a eliminación de barreiras, na procura dunha calidade de vida para as persoas con TEA. Educación e Autismo é outro piar básico e fundamental do «estado de benestar» da nosa comunidade.

 

A nova edición fálanos do traballo en rede cando se trata de atender os nenos con TEA. A complexidade dos TEA fan fundametáis analizar opcións educativas que dean unha  mellor resposta ás súas necesidades e singularidades. Engadindo a esta atención educativa o tratamento e a atención terapéutica e asistencial dos servizos públicos ou privados.

“No campo da educación estamos asistindo a un proceso profundo de transformación da cultura e da práctica para poñer no centro a persoa con autismo e o seu proxecto de vida. O modelo de calidade de vida busca a felicidade presente e futura de cada alumno e pon o acento, por exemplo, en áreas ou habilidades como a autodeterminación, as relacións sociais e a comunicación.”

Palabras de Ana Rodríguez, membro do equipo educativo do Colexio Menela-Fundación Menela.

Poderemos leer no novo exemplar de MAREMAGNUM  o artigo de Ana M.ª Martínez Diez, Ana Otero Carreira, Alberto J. Silva López e M.ª Teresa Tiemblo Marsal da asociación ASPANAES:

“Mellorar a calidade e a eficacia na formación e promover a equidade, a cohesión social e a cidadanía activa para que o alumnado con necesidades educativas especiais poida fomentar o seu desenvolvemento persoal nun marco educativo flexible e permeable como sistema de aprendizaxe”

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.