autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia na 2ª Edición do FORO TEA

Correo-e Imprimir PDF

 

Mais de 100 participantes, 11 Comunidades Autónomas, e case medio centenar de entidades do movemento asociativo do #autismo representadas na 2ª Edicicón de #ForoTEA.

 

O venres pasado asisitimos a 2ª edición do FORO TEA convocado por Autismo España.

A Federación Autismo Galicia, Aspanaes, Autismo Vigo e Fundación Menela, trasladáronse a Madrid, para formar parte das Xornadas Técnicas sobre novas liñas de proxectos, nas que se falaron do contexto, ó análise política e estratéxico e a incidencia política e social. Xornada do venres na que escoitamos a  Ruth Vidriales, directora técnica Confederación Autismo España, falando de investigación e transferencia do coñecemento.

 

Ó sábado deuse paso a Xornada de Reflexión Estratéxica, na que incidíuse no fortalecimiento e cohesión asociativa, nun programa de traballo e posta en común no que tocáronse temas clave como a motivación e obxectivos que se desexan alcanzar, os diferentes espazos de traballo, converxencias e aprendizaxes.

 

Un intenso encontro de traballo para xerar un espazo de reflexión colectiva que nos axude a consolidar un movemento forte e cohesionado das persoas con #TEA e as súas familias cunha identidade común e compartida, que resume a súa vontade na cohesión, a converxencia e na ESPECIALIZACIÓN E ESPECIFICIDADE do traballo.

 

Á convocatoria do 2º ForoTEA, foi un encontro dirixido aos presidentes e presidentas, membros das Xuntas Directivas e/ou Patronatos, directores e directoras e xerentes das organizacións do Terceiro Sector de acción social de persoas con TEA e as súas familias co fin de aportar ideas e construír futuro jun@s.

O presidente de Autismo España, Miguel Angel de Casas, declarou "Necesitamos construír un movemento asociativo forte e cohesionado para afrontar os novos retos e seguir avanzando nos dereitos das persoas con #TEA e as súas familias".

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.