autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Autismo Galicia impartirá formación sobre as Funcións executivas nos TEA no próximo mes de outubro.

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

 

O Curso "Desenvolvemento das funcións executivas nos trastornos do espectro do autismo" será impartido por Ana González Navarro do Equipo Deletrea e está recoñecido como de interese sanitario pola Consellería de Sanidade.


Lugar de realización: Santiago de Compostela. Centro Abanca Praza de Cervantes

Data de realización: 06/10/2018

Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30

Número de prazas: 100

Destinatarios: O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA.

Prazo de inscrición: ata o 13 de setembro. Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso.

 

Obxectivo xeral:

Identificar, avaliar e coñecer estratexias de intervención adecuadas ao desenvolvemento da función executiva.

 

Obxectivos específicos:

  • Establecer un marco de comprensión dalgúns procesos nurolóxicos alterados nas personas con TEA.
  • Coñecer as bases neurobiolóxicas das funcións executivas e da cognición social.
  • Analizar a relación entre as manifestacións condutuais e as alteracións nos procesos para comprender o seu impacto no Trastorno do Espectro do Autismo.
  • Coñecer estratexias prácticas para a intervención.

 

 

PROGRAMA

1-Que son as funcións executivas

-          As funcións executivas son accións orientadas hacia un mesmo.

-          As función executivas permiten un comportamento flexible, especialmente ante novas circustancias.

-           As función executivas  reteñen a información na memoria de traballo e inhibir respostas prepotentes

-          As funcións executivas son necesarias para organizarse os propios pensamentos, as tarefas, as actividades, os materiais, o tempo, para seleccionar e marcarse obxectivos e para comprender e solucionar problemas.

 

 

2- As funcións executivas e os Trastornos do Espectro do Autismo.

3-Avaliar as funcións executivas. Categorías das funcións executivas:

-          Inhibición

-          Memoria de traballo

-          Atención sostida

-          Empezar unha tarefa

-          Planificar/ priorizar

-          Organizarse

-          Control do tempo

-          Flexibilidade

-          Organizarse a partir de metas

-          Metacognición

 

4-      Estratexias de intervención.

 

 

DOCENTE

Ana González Navarro

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid, é socia fundadora do equipo Deletrea,  centro especializados en diagnóstico e tratamento dos Trastornos do Espectro do Autismo e Trastorno específico da linguaxe.

O seu traballo profesional céntrase no diagnóstico e tratamento de persoas con TEA. Conta cunha amplia  experiencia como  docente  en cursos promovidos por multituded de centros educativos, universidades e organizacións.

Participou en varias publicacións, entre outras: "A síndrome de Asperger, unha guía para mellorar a coexistencia escolar "(CEPE Madrid); "O meu irmán ten Autismo "(IMSERSO); "Os nenos pequenos con autismo: solucións prácticas para problemas cotiáns "(CEPE Madrid)

 

Inscrípcións en : bit.ly/2wlzb9S

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si no cambia la configuración de su navegador, Ud. acepta su uso. + INFO.