autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Xornada das entidades membro do CERMI Galicia co grupo parlamentario En Marea

Correo-e Imprimir PDF

 

Conclusións do plantexado pola Federación Autismo Galicia na xornada parlamentaria do CERMI Galicia co grupo parlamentario En Marea no debate da situación das necesidades das persoas con discapacidades. Dende a Federación Autismo Galicia, incidimos nas necesidades das persoas con TEA nas súas diversas áreas vitales e de desenvolvemento.

 

Educación

Na educación, primordial para garatir unha inserción efectiva na sociedade, reclamamos  a especialización, innovación e flexibilización das modalidades de escolarización, metodoloxías de ensinanza e apoios ao alumnado con TEA. Mellorando así mesmo a formación do profesorado para a atención educativa ás persoas con TEA. O incremento das alternativas e recursos dispoñibles e  a d ifusión e formación dos axentes educatios para unha plena aplicación do Protocolo de atención ao alumnado con TEA.

 

Prevalenza e necesidades específicas no ciclo vital

Se estimamos a atención que unha persoa con TEA precisa ao longo do seu ciclo vital e a tendencia de incremento do colectivo observamos como se pode xa preveer unha saturación dos servizos na actualidade que derivarán no futuro inmediato na inexistencia de oferta de servizos para as persoas adultas con TEA se non contamos con prazas de nova creación.

Avaliando o aumento da prevalenza nos últimos anos, nos que a  mellora dos procedementos e instrumentos de diagnóstico,  e o coñecemento e formación dos profesionais, ou mesmo un aumento real da incidencia deste tipo de trastornos, é necesario establecer, dende xa, protocolos e  programas de apoio individualizados e adaptados ás necesidades das persoas con TEA. Tendo sempre en conta a sintomatoloxía propia dos trastornos do espectro do autismo e as características persoais e específicas de cada persoa, de xeito que posibilite a adquisición e desenvolvemento das habilidades e capacidades necesarias para afrontar as múltiples dificultades e demandas que presenta esta nova etapa da vida.

Estudos consensuados noutros países establecen a prevaleza de 25 persoas con TEA por cada 10.000 cidadáns adultos e 1 caso de TEA por cada 100 nenos en idades escolares. Neles confírmase tamén que son máis frecuentes nos homes que nas mulleres (en proporción de 4:1) e que non existen diferenzas en canto á súa aparición nas distintas culturas ou clases sociais.

Isto implica unha crecente  saturación e demanda  dos servizos  e programas desenvoltos por Autismo Galicia e as súas entidades membro.

No caso das persoas atendidas e demandantes de atención da Federación, trasládase á nosa realidade este incremento de diagnósticos de TEA, sumando unha tendencia de incremento de arredor dun 25% de persoas atendidas en cada un dos últimos anos.

 

Servizos especializados

Remarcamos a  importancia de reflexionar e analizar tamén  a necesidade do  incremento de Servizos especializados  ao longo das distintas etapas vitáis e por suposto tamén na vida adulta.

Faise, por tanto,  imprescindible o incremento de servizos específicos da carteira de servizos sociais especialmente no servizos de atención diúrna e de atención residencial, garantindo o financiamento de ditos servizos

Outro tema é a toma de medidas necesarias para asegurar a Accesibilidade de espazos, bens e servizos tanto física como cognitiva.

 

 

Desenvolvemento lexislativo

Polo que se esixíronse medidas prioritarias para o colectivo e dende Autismo Galicia urximos a necesidade de levar a cabo o desenvolvemento reglamentario da figura do CONCERTO SOCIAL aprobada na Lei 8/2016 ,de 8 de julio de 2016.

Unha Estratexia Española en Trastornos do Espectro do Autismo que  garanta  en todos os territorios unha orientación común,  a igualdade de oportunidades e o gozar efectivo dos dereitos do colectivo de persoas con TEA e as súas familias.

 

 

 

 

 

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.