autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

INFORME DE ACCESIBILIDADE EN GALICIA

Correo-e Imprimir PDF

 

O pasado 28 de xuño de 2018 a Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, entregou ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, o informe extraordinario titulado "A Accesibilidade en Galicia".


Dito Informe de Accesibilidade en Galicia elaborouse en convenio coa Valedora do Pobo xunto coas distintas asociacións do terceiro sector, cuxo obxectivo é o de servir como mostra ilustrativa da situación da accesibilidade na nosa comunidade. Así mesmo, pretende tamén reflectir as necesidades e as carencias que teñen as persoas con discapacidade pendentes de solución.

 

Tal como se mostra neste informe, enténdese por accesibilidade a posibilidade de que calquera persoa dispoña e poida utilizar as instalacións, os servizos e os produtos en igualdade de condicións. É importante destacar que a accesibilidade universal non é só a accesibilidade física, senón que tamén engloba a supresión de barreiras cognitivas e/ou de comunicación que teñen, entre outras, as persoas con trastorno do espectro do autismo ou as persoas con discapacidade intelectual. A accesibilidade universal comprende a accesibilidade como unha adaptación global da contorna á diversidade, garantindo así, a igualdade das persoas e o pleno respecto dos seus dereitos. Hoxe en día, a accesibilidade universal vincúlase ao concepto do “deseño para todos”.

 

A elaboración do informe, basease en  dúas problemáticas principais, como son a sinalética e a orientación, centrándose na súa comprensión. O que se pretende así é que este informe axude a concienciar as condicións de accesibilidade dos espazos públicos.

O informe conclúe que a sinalética non esta normalizada, e as modificacións que se producen dificultan ou imposibilitan a comprensión da mensaxe que se pretende transmitir.  Os servizos e recursos non son moitas veces demandados ou percibidos por carecen de orientación que os faga visibles.

 

 

O pasado ano, no Informe xeral sobre o grao de accesibilidade nas contornas, produtos e servizos a 4 de decembro de 2017 correspondencia entre os mandatos legais e a realidade práctica do país, editado por o Observatorio Estatal da Discapacidade avaliábase a accesibilidade cognitiva, entendida como aquela na que, non só inclúe a comprensión da contorna, senón que tamén se aplica ás diferentes contornas físicas e dixitais e aos servizos.  Neste se constataba, do mesmo xeito, unha aplicación parcial da accesibilidade primando aspectos arquitectónicos ou físicos dos espazos, con menor implantación da sinalética  e aun moi minoritaria da accesibilidade cognitiva.

 

É necesario impulsar unha comprensión integral da accesibilidade que vaia máis aló dos aspectos físicos ou arquitectónicos para alcanzar as dimensións sinalética e de facilidade de comprensión nas diferentes contornas, bens e servizos. Ademais das diferentes dimensións, parte de esta integralidade implica coñecer e aplicar o concepto de “cadea de accesibilidade”;  isto é conxunto entre os diferentes elementos de unha contorna, ben ou servizo de maneira que sexa posible realizar a actividade completa.

 

Aquí pódese consultar o INFORME de ACCESIBILIDADE en Galicia.

 

 

 


Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.