autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

A Federación Autismo Galicia forma parte da nova Xunta Directiva da Confederación de Autismo España.

Correo-e Imprimir PDF

 

Na Asemblea Xeral de Autismo España, na súa reunión extraordinaria do pasado sábado 30 de xuño, na sede da propia Confederación, elixiuse e nomeouse aos novos membros da súa Xunta Directiva, renovando a Miguel Ángel de Casas como presidente da entidade, e nomeando a Presidenta da Federación Autismo Galicia, María José Álvarez Folgar co cargo de Vogal entre os novos/as membros/as.

 

  • Miguel de Casas Rodríguez - Presidente Vogal da Federación Autismo Castela e León e vogal da Asociación Autismo León.
  • José Luis Bruned Martínez - Vicepresidente Vogal da Federació Catalá d’ Autisme e presidente do Padroado da Fundació Autisme Mais Casadevall.
  • José María Sabido Galera - Secretario Presidente da Asociación Autismo Cádiz e secretario da Federación Autismo Andalucía.
  • Susana Guri Adrados -Tesoureira Presidenta da Asociación Autismo Segovia e vogal da Federación Autismo Castela e León.
  • Manuel Nevado Ojeda - Vocal Presidente da Federación Autismo Madrid e presidente da Asociación Novo Horizonte.
  • María José Álvarez Folgar - Vocal Presidenta da Federación Autismo Galicia, vogal do Padroado da Fundación Autismo A Coruña e presidenta da Asociación Aspanaes.
  • María Ángeles Maisanaba Pérez - Vocal Vicepresidenta da Asociación Autismo Sevilla
.
.
A nova Xunta Directiva renova o seu compromiso coas persoas con Trastorno do Espectro do Autismo ( TEA) e as súas familias, para as que persegue a mellora da súa calidade e o exercicio efectivo dos seus dereitos, a través tanto de accións propias como de apoio ás súas 77 entidades socias.
.
Desde a presidencia sinaláronse novos retos para esta nova etapa da Confederación: fortalecer o traballo en equipo entre todas as entidades que forman parte de Autismo España, incidir na especificidade do Trastorno do Espectro do Autismo ( TEA) e seguir traballando para conseguir unha maior cohesión do movemento asociativo do autismo.
.
Parabéns a nosa presidenta, María José Álvarez Folgar, pola súa constante labor e compromiso. Seguiremos afianzando logros grazas a traballo conxunto e en prol de todo o tecido asociativo.
.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.