autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

A Federación Autismo Galicia visita o Concello de Mondariz

Correo-e Imprimir PDF

 

A Federación Autismo Galicia visita as instalacións do Concello de Mondariz facendo os seus espazos máis accesibles

 

Os Trastornos do Espectro do Autismo (TEA), que afectan hoxe en día a 1 de cada 100 nenos, caracterízanse por dificultades na comunicación social e na linguaxe, o que afecta á súa capacidade para relacionarse e comprender o mundo que os rodea.

 

Con todo, estas persoas teñen un excelente pensamento visual, polo que a información presentada de forma visual en forma de  pictogramas resúltalles de gran axuda para comprender a súa contorna.

 

Co obxectivo de facilitar a inclusión social das persoas con TEA e o seu acceso aos servizos públicos, a Federación Autismo Galicia visita os espazos públicos obxecto de adaptación do Concello de Mondariz.

 

Este proxecto, que conta co apoio de Fundación ONCE e a Xunta de Galicia, facilitará o acceso das persoas con autismo a lugares públicos a través da sinalización con  pictogramas e promoverá o coñecemento dos sistemas alternativos e  aumentativos de comunicación.

 

 

 

 

 

 

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.