autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Fundación ONCE e Xunta de Galicia comprometidas coa accesibilidade.

Correo-e Imprimir PDF

A Fundación ONCE acaba de aprobar o financiamento para dar continuidade ao  proxecto de accesibilidade en concellos galegos que desenvolve a Federación Autismo Galicia.

Grazas a esta nova achega da Fundación ONCE, poderanse adaptar espazos  públicos do Concello de Mondariz. Desta forma contribuirase ao benestar das persoas con TEA da nosa comunidade autónoma e á  visibilización das súas necesidades comunicativas entre as persoas que non as coñecen.

Proximamente, comezará o estudo dos espazos por parte dos técnicos para establecer as necesidades de apoios comunicativos e elaborar os  pictogramas de forma que se adapten ás necesidades específicas das persoas con autismo.

 

 

Contando co respaldo de Xunta de Galicia e a Fundación ONCE, especialmente comprometidas coa accesibilidade, a Federación Autismo Galicia continúa buscando máis concellos que queiran sumarse a esta iniciativa de accesibilidade e sensibilización sobre os sistemas alternativos de comunicación utilizados no ámbito dos Trastornos do Espectro do Autismo.

 

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.