autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

O Centro de Saúde San José súmase ás accións de humanización e accesibilidade cognitiva da súa contorna.

Correo-e Imprimir PDF

 

O Centro de Saúde San José, súmase ás medidas de humanización e accesibilidade cognitiva que a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña iniciou en colaboración coa Federación Autismo Galicia no Hospital Teresa Herrera, co obxectivo de facilitar o acceso aos seus servizos sanitarios a pacientes con necesidades específicas de apoio, como son as persoas con trastorno do espectro do autismo.

 

No acto de presentación contoruse coa presenza  de Dn Luis Verde, xerente do Centro de Saúde San José, Dna María José Álvarez Folgar, presidenta da Federación Autismo Galicia, Patricia Blanco xerente da Federación, e a parte técnica, a psicóloga, Cristina Couto Pena e Teresa García Barcala, como Coordinadora da área de Saúde.

 

 

Sensibles ás necesidades das persoas con dificultades de comunicación, como son os pacientes con autismo, a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en colaboración coa Federación Autismo Galicia iniciou o pasado ano, no Hospital Teresa Herrera, un proceso de humanización do Servizo de  Neurofisiología coa finalidade de facilitar a estes pacientes a realización da proba de  electroencefalografía.

 

Esta acción non só consistiu na instalación de sistemas alternativos e  aumentativos de comunicación,  pictogramas, nos seus espazos, senón tamén crear secuencias sobre os pasos para seguir para a realización desta proba, con  pictogramas, para que os pacientes puidesen coñecer previamente a mesma, familiarizarse con ela e superar as barreiras de rixidez cognitiva asociadas ao trastorno autista.

 

 

Hoxe esta iniciativa, que foi implantada cun gran éxito no hospital, esténdese ao centro de saúde San José, as súas instalacións e servizos serán identificados mediante  pictogramas pensando no paciente, para que senta máis próximo, máis seguro e máis autónomo cando acuda ao seu servizo sanitario, e supere as dificultades asociadas tanto ao seu trastorno autista como á contorna, garantindo igualmente a calidade asistencial.

 

Os  pictogramas utilizados pertencen ao portal aragonés  ARASAAC e son comunmente utilizados polas persoas con autismo pero, ademais, son válidos para calquera paciente con capacidades diversas, son intuitivos, fáciles de comprender e comunican de forma eficaz e precisa o servizo que se presta.

Ademais desta humanización da contorna, a Unidade de Saúde Bucodental do  SAP San José e a Federación Autismo Galicia, elaboraron un díptico sobre o coidado da saúde bucodental na infancia con información para pais e nenos adaptada tamén con. Esta información facilitarase ás familias polos seus profesionais da saúde, co obxectivo sensibilizar sobre a importancia do coidado bucodental na infancia como medida de prevención.

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.