autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Peche da campaña do #DíaMundialAUTISMO

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

 

Como todos os anos a Federación Autismo Galicia e todas as entidades que a compoñen uníronse ás campañas convocadas desde a Confederación Autismo Europa e Autismo España, sumándose nunha axenda xeral que percorreu todo o territorio galego con actos Institucionais, conmememorativos e galas de convocatorias de sensibilización e apoio ás persoas con TEA.

 

Asociación Autismo Vigo, Aspanaes,Fundación Autismo Coruña, Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia), Asociación de Familias de Personas con TCS de Ourense "trascos", Capaces Lugo, Fundación Menela, Apacaf, Un Máis, Familias Azuis, APA Castro Navás, APA Menela, APA Os Mecos, Fundación Tutelar Camiño do Miño e a Federación Autismo Galicia,  participamos de forma activa na CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN en Redes Sociais convocada dende Autismo España baixo o lema: "Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”, compartindo fotos de familias, usuarios, prefesionais, facendo o xesto de romper as barreiras polo autismo.

 

 

O obxectivo desta campaña é visibilizar as barreiras as que se enfrontan as persoas con TEA e que a sociedade se implique e actúe para “romper as barreiras polo autismo e facer unha sociedade mais inclusiva e accesible”

 

Moitos edificios nas distintas localidades tingíronse de azul na CAMPAÑA LIGTH IT UP BLUE // ILUMÍNAO DE AZUL. Unha campaña de sensibilización de carácter internacional, pola que miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo ilumínanse de azul en apoio e solidariedade co colectivo de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.

 

 

 

As  xornadas convocadas polas distintas entidades que conforman Autismo Galicia tiveron  unha  crecente participación  cuidadana e contamos como sempre co apoio das autoridades, Concellerías de Asuntos Sociais, Benestar,  autoridades  locais e medios de comunicación  nunha gran acción de sensibilización e implicación. Por segundo ano consecutivo conseguimos visibilizar as barreiras ás que se enfrontan cada día as persoas con trastorno do espectro autista, e avanzar na implantación  dos Programas  de Melloras Sanitarias e Accesibilidade promovidos pola Federación Autismo Galicia:

 

Destacando no Concello de Vigo a comunicación do Alcalde Abel Caballero que anuncia, en colaboración coa Fundación Menela a implantación do PROXECTO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA a través do cal se levarán a cabo prácticas dirixidas a mellorar a accesibilidade en espazos administrativos e de xestión dos servizos públicos. Sinalando con Sistemas Alternativos da Comunicación (Pictogramas), as diferentes dependencias e lugares mais salientables para, de forma progresiva e sostible, ampliala a outras entidades e organismos da nosa contorna.

 

 

Concretouse tamén o inicio do PROGRAMA MAS de MELLORA DE ATENCIÓN SANITARIA na EOXI de Vigo.

A Federación Autismo Galicia presentou o inicio do programa da mellora da atención sanitaria de pacientes con autismo nesta Área. Fundamental iniciativa,  coa posta en marcha dun Programa para os profesionais sanitarios dos centros co obxectivo de achegar fórmulas de flexibilización e mellora da consulta, a través de estratexias para o manexo do paciente, evitando a súa renuncia a asistencia polas dificultades que pode atopar durante o seu desenvolvemento.

 

No tocante ao hospital, que xa ten pictogramas nas áreas de pediatría e urxencias pediátricas se comezará o programa mediante a secuenciación con pictogramas do proceso de realización dunha extracción de sangue. Este proceso é un dos habituais no seguimento da saúde e no cal os pacientes con TEA poden presentar dificultades de comprensión e adaptación que dificulten o seu desenvolvemento. Mediante a creación de esta secuencia pretendemos reflectir o proceso real que sucede cando chegamos ao servizo de extraccións e, con carácter previo á visita, anticipar á persoa con TEA o que vai suceder, contribuíndo a facilitar a súa adaptación e contribuíndo a superar o proceso con éxito.

 

 

Cada unha das asociacións federadas, seus traballadores, familias e amigos uníronse en diversos Actos Institucionáis e galas, con mesas informativas, invitando a  coñecer máis de cerca as persoas con Espectro Autista, derrubando as barreiras que aínda perviven na nosa sociedade coas diferencias e diversidades,  reivindicando a accesibilidade universal e a inclusión real.

 

Damos peche das campañas cun sentimento xeral de crecemento e unidade. Agora a polo día a día e a continuar o traballo. Norabóa a Tod@s!!!

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si no cambia la configuración de su navegador, Ud. acepta su uso. + INFO.