autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

A Área de Xestión Integrada de Vigo se suma á campaña do Día Mundial do Autismo.

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

#RompamosBarreiraspoloAutismo

A Área de Xestión Integrada de Vigo se suma á campaña do Día Mundial do Autismo.

 

 

O 2 de abril con motivo da celebración do Día Mundial do Autismo, a EOXI de Vigo e a Federación Autismo Galicia presentan o inicio do programa da mellora da atención sanitaria de pacientes con autismo nesta Área,  sumándose á iniciativa de rachar barreiras polo autismo.

 

Rachar as barreiras que dificultan a inclusión das persoas con necesidades específicas de apoio, tanto neste entorno, o sanitario, coma calquera outro é unha acción social que debemos acometer entre todos, coma cidadáns en exercicio da nosa solidariedade pero tamén en exercicio das nosas propias necesidades.

As persoas con autismo presentan, asociadas ao seu trastorno, severas dificultades para adaptarse de maneira flexible ao entorno no que se desenvolve a súa vida cotiá e, neste contexto sanitario, á asistencia que no mesmo se presta. Cando falamos de entorno, non só nos referimos ao espazo físico senón a todos os procesos e accións que, dentro deste: hospitais ou centros de saúde, se producen.

Estas dificultades, inherentes persoa con trastorno do espectro autista, se ven incrementadas considerablemente coas barreiras que o propio contexto sanitario presenta, sendo estas causa principal e determinante do seu grao de discapacidade.

 

Todos temos capacidades e todos discapacidades, fomentar ás primeiras e remover as barreiras que fomentan as segundas é unha obriga social, un deber que debemos acometer e que acomete, a partir de hoxe, a Xerencia Integrada de Vigo sumándose ao “Programa de Mellora da Atención Sanitaria dos Pacientes con Trastorno do Espectro do Autismo”, que contribuirá a facilitar o acceso dos pacientes con autismo a servizos e procesos sanitarios, fomentará a súa atención dende unha perspectiva integral, fomentará un maior coñecemento dos profesionais sanitarios sobre as estratexias de manexo destes pacientes na consulta e informará e divulgará a todos os niveis sobre  as súas necesidades.

Para cumprir con estes obxectivos as primeiras medidas que se desenvolverán na Área de Xestión Integrada de Vigo, se iniciarán por unha banda nos centros de saúde e por outra no propio hospital.

 

Nos centros de saúde se promoverá mellorar a accesibilidade cognitiva dos pacientes mediante a mellora da sinalización dos seus espazos a través de sistemas alternativos e aumentativos de comunicación, pictogramas. Esta forma de sinalización favorece a comprensión das persoas con autismo e calquera outro paciente que teña deterioro cognitivo, ou ben un procesamento da información diverso, facendo que sexan máis autónomos.

Esta actividade se completará coa realización de píldoras formativas para os profesionais sanitarios dos centros co obxectivo de achegar fórmulas de flexibilización e mellora da consulta, a través de estratexias para o manexo do paciente, evitando a súa renuncia a asistencia polas dificultades que pode atopar durante o seu desenvolvemento.

No tocante ao hospital, que xa ten pictogramas nas áreas de pediatría e urxencias pediátricas se comezará o programa mediante a secuenciación con pictogramas do proceso de realización dunha extracción de sangue. Este proceso é un dos habituais no seguimento da saúde e no cal os pacientes con TEA poden presentar dificultades de comprensión e adaptación que dificulten o seu desenvolvemento. Mediante a creación de esta secuencia pretendemos reflectir o proceso real que sucede cando chegamos ao servizo de extraccións e, con carácter previo á visita, anticipar á persoa con TEA o que vai suceder, contribuíndo a facilitar a súa adaptación e contribuíndo a superar o proceso con éxito.

 

Con estas iniciativas, sumamos todos, asociacións de pacientes e profesionais da saúde na mellora da atención sanitaria e humanización do sistema, baseándonos nunha atención integral do paciente que poña en valor todas as súas circunstancias, non só de saúde senón tamén sociais.

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si no cambia la configuración de su navegador, Ud. acepta su uso. + INFO.