autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA E AS SÚAS ENTIDADES CONMEMORAN O #DÍAMUNDIAL AUTISMO

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

 

AXENDA XERAL
A  FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA E AS SÚAS ENTIDADES CONMEMORAN O #DÍAMUNDIAL AUTISMO

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN: “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”

Dende a Federación Autismo Galicia e todas as Entidades Federadas: Asociación Autismo Vigo, Aspanaes,  Fundación Autismo Coruña, Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia),  Asociación de Familias de Personas con TCS de Ourense "trascos", Capaces Lugo,  Fundación Menela, Apacaf , Un Máis, Familias Azuis, APA Castro Navás, APA Menela, APA Os Mecos,Fundación Tutelar Camiño do Miño, participamos de forma activa na campaña viral en Redes Sociais "Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”, compartindo fotos de familias, usuarios, prefesionais, etc. facendo o xesto de romper as barreiras polo autismo.

“Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible” é o tema elixido en 2017 e 2018 para celebrar o 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

O obxectivo desta campaña é visibilizar as barreiras as que se enfrontan as persoas con TEA e que a sociedade se implique e actúe para “romper as barreiras polo autismo e facer unha sociedade mais inclusiva e accesible”

 

1 ABRIL

CAMPAÑA LIGTH IT UP BLUE // ILUMÍNAO DE AZUL

É unha campaña de sensibilización de carácter internacional, pola que miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo ilumínanse de azul en apoio e solidariedade co colectivo de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.

Desde Autismo Galicia e todas as entidades federadas: Asociación Autismo Vigo, Aspanaes,  Fundación Autismo Coruña, Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia),  Asociación de Familias de Personas con TCS de Ourense "Trascos", Capaces Lugo,  Fundación Menela, Apacaf , Un Máis, Familias Azuis, APA Castro Navás, APA Menela, APA Os Mecos,Fundación Tutelar Camiño do Miño, sumámonos a esta iniciativa e promovemos que edificios e monumentos do noso Territorio ilumínense de azul a tarde-noite do 1 ao 2 de abril, coincidindo coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se conmemora o 2 de abril.

 

ACTO CONMEMORATIVO no Concello de MONDARIZ

11.00h: Acto en conmemoración do Día Mundial do Autismo. Mesa informativa de sensibilización. Solta de globos azúis e Lectura do Manifesto, coa presenza dos representantes do concello e equipo da Federación Autismo Galicia.

 

2 DE ABRIL #DíaMundialAutismo

 



ACTO CONMEMORATIVO no CONCELLO DE FOZ:

ASOCIACIÓN CAPACES LUGO

12:00h: Paseo pola praia  A Rapadoira en Foz. Solta de globos. Lectura do Manifiesto. Coa presenza do alcalde e Concelleiros de Foz.

Xogos inchables para nenos e nenas ata as 14:00h en O Santo.

CAPACES LUGO colabora coa Asociación de Empresarios Lugo Monumental  na colocación de globos Azuis e carteis informativos.

 

MESA INFORMATIVA E PRESENTACIÓN DO PROGRAMA MAS no Hospital Álvaro Cunqueiro

FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

11:30h: Presentación do inicio do Programa de Mellora da Atención Sanitaria en pacientes con TEA. Con motivo da celebración do Día Mundial do Autismo, a EOXI,  Área de Xestión Integrada de Vigo e a Federación Autismo Galicia presentan o inicio do Programa de Mellora da Atención Sanitaria de pacientes con Autismo nesta Área,  sumándose á iniciativa de rachar barreiras polo autismo.

 

ACTO DE RÚA en OURENSE

ASOCIACIÓN TRASCOS

19:30h: Na Ponte Romana, lectura do Manifesto co obxectivo de visibilizar e incrementar o coñecemento e tolerancia cara as persoas con Trastornos do Espectro Autista.

 

ACTO CONMEMORATIVO no CONCELLO DE TUI e TOMIÑO

ASOCIACIÓN UN MÁIS

La Asociación Un máis organiza toda unha programación semanal con motivo da concienciación do Autismo: “Axúdanos a facelo visible” Como todos os anos aproveitan esta data sinalada a nivel mundial para dar visibilidade ós nosos familiares e amigos con trastorno do espectro autista. Este ano, cunha semana de concienciación e festexo nos concellos de Tui e Tomiño.

12:00h: Corredera,Tui.  Solta de globos azuis coa presenza de representantes do Concello e lectura do Manifesto Concejal asuntos sociais e alcalde. Tui

19:00h: Praza do Seixo en Tomiño. Solta de globos azuis coa presenza de representantes do Concello e lectura do Manifesto.

 

3 DE ABRIL


ACTO DE SENSIBILIZACIÓN no CONCELLO DE TOMIÑO

ASOCIACIÓN UN MÁIS

17:00h: Proxección dunha película/documental sobre autismo no 2º andar do Mercado de Tomiño. Charla/sensibilización sobre autismo. Talleres para nenos – servizo de gardería.

 

4 DE ABRIL


VISITA INSTITUCIONAL

ASOCIACION ASPANAES

Asiste o Presidente da Diputación da Coruña al colexio de Elviña en A Coruña.

 

ACTO DE SENSIBILIZACIÓN no CONCELLO DE TUI

ASOCIACIÓN UN MÁIS

18:00h: Proxección dunha película/documental sobre autismo na biblioteca do Colexio nº1 de Tui. Charla/sensibilización sobre autismo. Talleres para nenos – servizo de gardería.

 

5 DE ABRIL


ACTO INSTITUCIONAL

FUNDACIÓN MENELA

De 11:30 a 13:00h, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei, 1)

PROGRAMA

Escenificación dos alumnos do Colexio Menela

Os alumnos e alumnas do Colexio Menela convértense nos verdadeiros protagonistas nun acto no que nos acercan, en primeira persoa, ás barreiras ás que se enfrontan as persoas con autismo, e poñen en valor o compromiso do Concello de Vigo para implantar medidas que melloran a accesibilidade cognitiva, e que fan que a nosa cidade sexa mais accesible e comprensible para tódalas persoas con diversidade funcional.

Proxecto de Accesibilidade Cognitiva

O Concello de Vigo e Fundación Menela darán a coñecer o proxecto de Accesibilidade Cognitiva a través do cal se implantarán prácticas dirixidas a mellorar a accesibilidade en espazos administrativos e de xestión dos servizos públicos da nosa Área Metropolitana, sinalando con Sistemas Alternativos da Comunicación (Pictogramas), as dependencias e lugares mais salientables para, de forma progresiva e sostible, ampliala a outras entidades e organismos da nosa contorna.

Lectura Manifesto Día Mundial

Contaremos coa participación de representantes políticos, familias e persoas con TEA na lectura do manifesto do DMCA elaborado polo movemento asociativo europeo. Pendente de confirmacións.

O acto estará amenizado con pezas musicais da Orquestra Castro Navás da que forman parte profesionais e persoas con TEA do centro, e finalizará cunha gran foto de familia.

Neste día, Vitrasa e Aucoares Lar colaborarán coa Fundación Menela neste acercando aos rapaces e profesionais ao Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

 

ACTO DE SENSIBILIZACIÓN no CONCELLO DE TOMIÑO

ASOCIACIÓN UN MÁIS

17:00h: Proxección dunha película/documental sobre autismo 2º andar do Mercado de Tomiño. Charla/sensibilización sobre autismo. Talleres para nenos – servizo de gardería.

 

6 DE ABRIL

 

ACTO DE SENSIBILIZACIÓN no CONCELLO DE TUI

ASOCIACIÓN UN MÁIS

17.00h: Taller para nenos no Colexio nº1 de Tui.

 

7 DE ABRIL

 

GALA DE CONCIENCIACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

FAMILIAS AZÚIS

De18:00ha 19:30h: no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas

PROGRAMA

18:00 Presentación da Gala de concienciación do día Mundial do Autismo. Membro da Asociación Familias Azuis.

18:10 Actuación musical, Josep Pou Quintet. Grupo de Jazz.

18:40 Intervención de Carmen Molina. Presidenta da asociación Sinteno. Muller con autismo.

18:50 Actuación musical. Johann Sebastián Salvatori Fois. Interpretación das cancións de Disney “Sueña”, “La Bella y la Bestia” e “Príncipe Alí”.

19:00 Intervención de Cristina Couto, psicóloga da Federación Autismo Galicia

19:10 Actuación musical, Johann Sebastián Salvatori Fois. Interpretación de: “Falling in love”, “Dile de Don Manolito” e “A mi manera”.

19:20 Peche da gala polo/a representante do goberno local.

 

ACTO DE RÚA en VIGO

FUNDACIÓN MENELA

De 11:00 a 14:00h: Acción de Rúa na Escalinata Museo de Arte Contemporaneo, MARCO de Vigo (Rúa Príncipe, 54)

Escenificación “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”

A rúa do Príncipe acollerá unha acción de visibilización organizada por Fundación Menela, Autismo Vigo e TEAVI; un acto de rúa conxunto que ten o obxectivo de sensibilizar a sociedade sobre a necesidade de eliminar barreiras, invitando a todas as persoas que se acerquen a “romper juntos barreras por el autismo”.

Lectura Manifesto Día Mundial

Neste día, o director xeral de Fundación Menela, Cipriano L, Jiménez, participará no Foro Internacional sobre o Autismo que leva por título “Despois da Infancia, Autismo e Política” organizado pola Escuela Lacaniana de Psicanálise e que terá lugar na cidade de Barcelona.

 

8 DE ABRIL

 

ACTO DE SENSIBILIZACIÓN no CONCELLO DE TUI

ASOCIACIÓN UN MÁIS

De 17:00 a 20:00: Festa no Colexio nº 1 de Tui con xogos inchables e talleres para nenos e nenas. E as 17:00h no CEIP Nº 1 de Tui Festa de sensibilización do TEA.

 

9 DE ABRIL

 

VISITA INSTITUCIONAL

ASOCIACION ASPANAES

11:00h: Asiste o Alcalde Martiño Noriega e a Concelleira de Asuntos Sociais ao Cento de Atención Diurna de Villestro-Santiago.

 

12 DE ABRIL

 

ACTO INSTITUCIONAL

ASOCIACION ASPANAES

De 10:00 a 11:00h: Visita do Presidente da Diputación Valentín González Formoso ao Colexio Aspanaes Coruña.

13 DE ABRIL

 

ACTO DE RÚA en FERROL, A CORUÑA E AS PONTES

ASOCIACIÓN ASPANAES y FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

Camiñada simultánea en A Coruña, Ferrol e As Pontes: " Camiñamos Xuntos para romper Barreiras polo Autismo". Asistirán escolares dos colexios das tres localidades, convidando as autoridades locais e medios de comunicación nunha gran acción de sensibilización.

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si no cambia la configuración de su navegador, Ud. acepta su uso. + INFO.