autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Ligth It Up Blue // Ilumínao de azul

Correo-e Imprimir PDF

 

LIGTH IT UP BLUE // ILUMÍNAO DE AZUL

 

É unha campaña de sensibilización de carácter internacional, pola que miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo ilumínanse de azul en apoio e solidariedade co colectivo de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.

 

Desde Autismo Galicia e todas as entidades federadas: Asociación Autismo Vigo, Aspanaes,  Fundación Autismo Coruña, Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia),  Asociación de Familias de Personas con TCS de Ourense "trascos", Capaces Lugo,  Fundación Menela, Apacaf , Un Máis, Familias Azuis, APA Castro Navás, APA Menela, APA Os Mecos,Fundación Tutelar Camiño do Miño, sumámonos a esta iniciativa e promovemos que edificios e monumentos do noso Territorio ilumínense de azul a tarde-noite do 1 ao 2 de abril, coincidindo coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se conmemora o 2 de abril.

 

 

PODES VISITAR OS EDIFICIOS DO ANO 2017 EN TODA ESPAÑA

PODES VISITAR OS EDIFICIOS DO ANO 2017 EN TODA GALICIA

Este ano a fachada do Colexio de San Xerome, sede do reitorado da universidade, o Palacio de Raxoi, sede do Concello de Santiago e o parador Hostal dos Reis Católicos tinguiranse, na tarde noite do domingo 1de abril, de cor azul con motivo da celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e dentro da iniciativa Ligth it up blue, promovida polo tecido asociativo do autismo.
Unha vez que se oculte a luz do día poderase gozar no Obradoiro dunha sensación única, cun espazo azul en concienciación sobre o Autismo. A esta iniciativa hai que unirlle a doutros edificios emblemáticos de toda Galicia como a Torre de Hércules na Coruña, as Burgas en Ourense, e as Torres Hejduk en Santiago de Compostela. No resto de España, moitas comunidades autónomas sumáronse a este movemento. Iluminaranse, entre outros, Os Reais Alcázares de Sevilla, @La Alhambra de Granada, o Museo das Artes e as Ciencias de Valencia, A Cidadela de Pamplona, O Acueduto de Segovia, A Cibeles e a Porta de Alcalá en Madrid.
Tamén no resto de mundo vestiranse de azúl, a torre de Pisa, en Italia, o Taj Mahal na India e a Torre Eiffel, entre outros moitos.

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.